Jueves 15.11.2018

Caeu o comandante Esteban...

Últimamente non gaño para disgustos. Si a semana pasada falaba do falecemento de Xoán A. Domato, “Chicho o da Ruta”

Últimamente non gaño para disgustos. Si a semana pasada falaba do falecemento de Xoán A. Domato, “Chicho o da Ruta”, agora teño que rendir homenaxe público a outro caído na difícil loita contra a adversidade. Trátase de Esteban Fernández Zorrilla, un ferrolán excepcional que soubo gañarse o respecto, a admiración e o cariño dos homes e mulleres que fan posible a Festa da Batalla de Casaldeirigo (Valga), Ponte Sampaio (Pontevedra) e Ponte Caldelas… e do público en xeral.
Esteban Fernández pertencía a aquela clase de persoas que disfrutan co que fan e que sempre están dispostas a botar unha man cando llo solicitas. Ao fronte dos Voluntarios da Victoria de Ferrol non tiña inconvinte ningún en colaborar sempre que os veciños e veciñas da Asociación Cultural Héroes de Casaldeirigo lle solicitaban a súa maxistral participación nos actos da recreación da batalla que leva o nome desta parroquia de Valga, ao igual que nas outras citadas previamente.
Caracterizado como xeneral napoleónico, a min sempre me custaba moito discernir si estaba finxindo ou estaba diante dun auténtico mariscal de campo. Representaba tan ben o seu papel que a súa estampa era única. Sempre amable e de bo trato, deixábase fotografiar por propios e extranos, nunha afabilidade fóra de toda dúbida. Fora empregado de banca e a min, con certa socarronería, gustábame meterme con el e chamáballe banqueiro e el, moi educado, dicíame: “Xoven, non se confunda, empregado de banca, se quere bancario. Por Deus, non me insulte!”, ao tempo que me retaba a batirme nun duelo a pistola.
Era un amante da historia e coleccionista de soldados en miniatura que disfrutaba, como o que máis, mezclándose con xente de toda condición cunha altura e unha educación exquisita. Sabía perfectamente discernir entre unha actividade seria, rigurosa e pomposa ligada ás férreas normas impostas pola Asociación Napoleónica Española ou nos periplos internacionales, como tamén seguir a broma do espectáculo teatralizado e de participación popular que se realizaba en Casaldeirigo ou Ponte Caldelas, por poñer dous casos.
Con el, por desgraza, vaise pechando un capítulo reivindicativo da nosa historia a través da recreación de pequenas xestas protagonizadas por homes e mulleres humildes, do pobo que serviu de exemplo para Europa enteira na súa loita pola liberdade e a imposición de xugos estranxeiros.
Con D. Esteban esmorece unha mirada rebelde, un espírito de neno traste, inquedo, que non quixo nunca renunciar nin á súa afección nin aos seus amigos. Ata sempre comandante Esteban, que a terra lle sexa leve.

Caeu o comandante Esteban...
Comentarios