• Sábado, 22 de Septiembre de 2018

Cambados, o imperio dos sentidos...

Arecente designación de Cambados como Cidade Europea do Viño 2017 ven a refrendar á capital do Salnés como referente mundial en materia enolóxica.

Arecente designación de Cambados como Cidade Europea do Viño 2017 ven a refrendar á capital do Salnés como referente mundial en materia enolóxica. Esta distinción, que leva aparellada toda unha serie de vantaxas, pero tamén obrigas, debe ser acollida en Galicia como unha cuestión cuasi de Estado no máis amplio dos seus termos. Deixando atrás as eternas diferencias dimanadas da cor coa que se goberne en cada administración, este tema debería ser afrontado de xeito transversal como si dunha especie de “Xacobeo do viño” se tratara.
O previsible fluxo turístico de calidade, con alto poder adquisitivo, que esta designación pode traer aparellada deberá atopar nos responsables das distintas administracións (locais, provinciais e autonómica, polo menos) unha sensibilización especial co fin de aproveitar a oportunidade para fidelizar turismo non só enolóxico ou gastronómico senón de todo tipo.
O Salnés atesoura unha serie de propiedades que son intrínsicas ao desenrolo natural do sector turístico: as paisaxes, o clima, as praias, os monumentos, a gastronomía, os seus viños, as infraestruturas e a profesionalidade do sector hostaleiro e restaurador, etc. fan que esteamos nas mellores condicións posibles para dar un salto de calidade importante á hora de marcar un punto de inflexión que supoña o inicio do remate da crise económica na que levamos sumidos demasiado tempo.
O obxectivo sería aproveitar esta designación para desestaciona-lo turismo, fomenta-las iniciativas do chamado “turismo de experiencias”, da conquista dos sentidos e, en definitiva, lograr deixar unha pegada indeleble naquelas persoas que nos visiten co fin de que se convirtan en embaixadores de luxo no seu regreso respectivo aos seus lugares de orixe.
E para elo fai falla iniciativa, capacidade superadora de diferencias, sacrificio e traballo coa clara intención de sementar a fondo hoxe para recoller mañá e durante bastantes temporadas xerando un movemento continuo que teña como eixos fundamentais a gastronomía, o enoturismo, o turismo familiar, o turismo de sol e praia, o turismo cultural, o relixioso, etc. etc. e deso si que podemos presumir no Salnés.
Cambados ten a oportunidade de conquistar polos sentidos aos milleiros de persoas que previsiblemente chegarán ao longo deste próximo anos chamados polo arrecendo do Príncipe dos Brancos, dos viños con Denominación de Orixe Rías Baixas. Agora, esperemos que a ambición desmedida e sin sentido non acabe chafando esta oportunidade a modo do vello conto da galiña dos ovos de ouro, ou non?