Cataluña en Def-con 4

A escala Def-con (Estado de Defensa, en inglés) dos Estados Unidos é unha medida que se utiliza para cualificar o nivel de alerta das forzas armadas do país norteamericano. Esta escala usa un mínimo de 5, para o estatus de tempos normais de paz, e un máximo de 1, para sinalar as situacións globais severas, tales como unha guerra nuclear. 
Despois de escoitar a declaración de intencións de Junts pel Sí e a CUP sobre o inicio do que deron en chamarlle “desconexión democrática” do Estado Español, dame a impresión de que acabamos de entrar en Def-con 4, polo menos. 
Hai un vello refrán castelán que di: “De aquellos polvos vienen ahora estos lodos” que ven ao pelo á hora de explica-la situación na que nos atopamos cun proceso sin control onde a testosterona vaise convertendo no combustible máis utilizado polas partes en conflito para impulsar este camiño sin retorno onde os maquinistas, que manexan os diferentes trens, están dispostos a morrer coas botas postas nunha colisión de intereses inesquivable na que, con toda probabilidade, nos arrastrarán a todos. 
Cando se politiza a xustiza e se acaba xudicializando a política o resultado é un cóctel moi inflamable e perigoso. Onte vimos como unha coincidencia de actos e reacción se producían dun xeito concatenado. Así mentras se estaba a producir un novo rexistro mediático na casa e oficinas da familia de Jordi Pujol, polo presunto caso do 3 por cento, os partidos soberanistas anuncian a presentación dunha declaración para ser debatida e, previsiblemente aprobada polo Parlament na vindeira semana, de inicio do proceso de creación do estado catalán independente, baixo o formato de República Catalana. 
En resumidas contas, que as pasadas eleccións autonómicas, que para uns eran plebiscitarias e para outros un mero exercizo democrático de renovación de institucións parlamentarias, ao final van a ser o desencadenante dun proceso político sin precedentes despois da Transición en España e que cada un vai xustificar como lle parece. 
Quen gañou? O que sacou maior número de votos ou de escanos? Nun plebiscito que se contan? Segue valendo a vella reivindicación “un ser humano un voto” ou volvemos a modelos censitarios ou estamentais a través das distintas circunscricións electorais provinciais con factores de correción a través de modelos como a Lei D´Hont? 
Igual que ninguén debería pensar que os tempos da xustiza están marcados desde o executivo, tampouco debemos crer que as accións políticas se adoptan como reacción a unha medida adoptada polos órganos xudiciais, ou non?

Cataluña en Def-con 4

Te puede interesar