Á caza pola túa seguridade

Por fin chega o verán ás Rías Baixas e parece que desta vez ven con intención de quedarse por longo tempo. As temperaturas ascenden, os prezos suben e as listas do desemprego no sector servizos baixan ata niveis esperanzadores, pese a que os empregos creados están, sen dúbida, ligados á estacionalidade e á precariedade laboral, pero menos dá unha pedra e nos tempos que corren ninguén pode caer na “soberbia” de reclamar a súa dignidade...
Así, coa chegada da calor veñen tamén os mosquitos e a DXT co seu habitual despliegue na comarca arousá para previr a alta siniestraliedade que se produce nas nosas estradas e axudarnos a gastar dun xeito creativo a paga de xullo. Así, si xa tiñamos poucas medidas disuasorias para os conductores a través dos radares fixos, que agora se reactivan, os móbiles nos coches camuflados da Benemérita ou no todopoderoso Gran Irman do helicóptero Pegaso; agora a Garda Civil de Tráfico está pensando en dotar ao seu parque de motocicletas de cinemómetros lixeiros e de última xeración que van a axudar a que o Ministerio de Facenda faga tamén o seu agosto particular a través da vía recadatoria administrativa (as famosas multas por exceso de velocidade) e nós tomemos pola vía cohercitiva maior conciencia de moderación na nosa conducción.
Desde logo non habería un verán sin a tradicional avalancha de turistas, a chegada dos guiris, os atascos nas principais vías que vertebran a comarca do Salnés e O Barbanza e as comunican coa capital da provincia, nun caso, e coa de Galicia, en ámbolos dous, e tampouco sen os “puntos verdes” que trufan os tentadeiros máis traizoeiros da xeografía da nosa bisbarra.
En fin, todo sexa pola nosa seguridade e porque a Montoro lle cuadren mellor as contas nesta segunda metade do ano onde a amiga de Mariano Rajoy, a imperturbable Ángela Merkel, segue a reclamar un castigo exemplarizante para o previsible incumprimento español do déficit público.
Esquezámonos de todo, disfrutemos do sol, da praia e da gastronomía das Rías Baixas facendo patria e impulsando os sectores productivos do noso país degustando marisquiño e refrixerándonos e paladeando o Príncipes dos Brancos, eso si con moderación, para non facer traballar en demasía aos amigos do tricornio que velan pola nosa seguridade e, sobre todo, polo descanso de Montoro, ou non?

Á caza pola túa seguridade

Te puede interesar