Con choiva ou sol, Arousa...

ando estamos a piques de entrar no ecuador da Semana Santa atrévome a dicir que, desde o punto de vista turístico, con choiva e sin ela Arousa é un destino fundamental para aquelas persoas que buscan en Galicia e, máis concretamente, nas Rías Baixas un lugar para pasar uns días de desconexión da súa actividade cotiá.
Este ano podemos dicir que Arousa tivo a oportunidade de ofrecer e combinar turismo de sol e praia co turismo relixioso, cultural e o chamado turismo verde e tamén familiar. Calquera que estes días se achegue ás distintas comarcas que conforman a Ría de Arousa, ben sexa O Salnés, O Barbanza e tamén o Ulla-Umia, ten unha ocasión única de disfrutar dun tempo e unhas temperaturas auténticamente veraniegas.
Por outra banda, a consolidación do turismo familiar vai en aumento. Os amantes do turismo verde teñen mil e un lugares que descubrir a través dunha amplia rede de sendeiros, ben sinalizados e moitos deles de carácter circular para propiciar un percorrido de inicio e final axeitado á demanda dos que veñen de fóra.
Tampouco podemos esquecer as tradicións relixiosas marcadas polas procesións que, a priori, van contar cunhas condicións metereolóxicas idóneas para que podan procesionar tódolos pasos sin a tradicional ameaza da choiva e, tamén, a escenificación da Paixón de Cristo en Paradela (Meis) que se consolida como referente non so comarcal senón que me atrevería a dicir provincial ou galego á hora da recreación de momentos relixiosos relacionados coa Semana Santa cunha relevancia máis que salientable. 
Cando todo vai ben, da gusto, pero non podemos esquecernos que non se pode fiar todo á boa sorte, ao bo tempo e a unhas condicións metereolóxicas, como neste caso, inmellorables senón que hai que estar atentos a mellora-la nosa oferta turística en momentos de adversidade climatolóxica co fin de que unhas datas tan sinaladas, desde o punto de vista turístico, como a Semana Santa non se nos vaia polos sumidoiros ou as cunetas como a auga de choiva cando cae.
Por eso, unha vez máis racho unha lanza na defensa dunha coordinación turística entre os concellos e mancomunidades como a do Salnés e Arousa Norte, xunto coa Axencia de Turismo de Galicia, para lograr que as nosas comarcas sexan un destino privilexiado nas Rías Baixas independentemente do tempo para o cal tamén haberá que desestacionalizar actividades e actuacións que atraian público e non reservalas só para as épocas de verán, ou non?

 

Con choiva ou sol, Arousa...

Te puede interesar