Construír Galicia desde Arousa...

Hoxe os galegos celebramos con orgullo o Día de Galicia ou Día da Patria Galega e facémolo dun xeito harmónico e non excluínte, como é a natureza do noso pobo, con espírito acolledor e inimigo da discrepancia estéril, desde datas ancestrais. Temos un feito diferencial que nos permite definirnos como pobo amable, acolledor e hospitalario como ten demostrado o paisano galego ao longo de centos de anos de Camiño Xacobeo por terra e mar e que nos fai únicos no mundo.
Os arousáns, os nados e os de adopción, somos un pobo claramente identificado coa singulariedade e particulariedade que nos dá o feito de vivir, traballar e construír desde as distintas comarcas que conforman a Ría de Arousa, de norte a sur e de este a oeste.
O noso feito diferencial non está só no idioma, no acento, na “gheada” ou no “seseo”, máis ou menos acusado dependendo de si un está máis próximo ao Grove, ou A Illa, ou a Ribeira ou, si pola contra, un reside en Vilagarcía ou Catoira; senón que tamén obedece a unha filosofía de vida que fai que o/a arousán se comporte dunha maneira especial.
No Día de Galicia reinvidico o papel dos arousáns e das arousás na construción da Galicia do século XXI anclada en sólidas raíces co noso pasado que reivindicamos con orgullo, pero tamén aberta a un futuro anovador caracterizado polo emprendemento, a audacia e a reinvención permanente do noso xeito de ser pondo sempre en valor os nosos sectores produtivos que teñen no mar e na viticultura os seus piares fundamentais.
Agora, que estamos ás portas da celebración dun novo Ano Santo Xacobeo, as distintas comarcas que conforman a Ría de Arousa teñen que superar calquera atisbo de minifundio intelectual estéril e avanzar cara unha mesma reivindicación que pasa por revelarse como xeodestino dentro da gran marea que suporá o Xacobeo 21 para sacar o máximo rendemento dunha ondonada turística que terá como meta Compostela.
Arousa non se pode concebir sen Galicia e Galicia non poderá acada-la súa plenitude sen os pobos que conforman a Ría de Arousa. Así, agora máis que nunca, é preciso instar á Xunta a que, en materia turística, ademais de potenciar a imaxe global de país non se perda a perspectiva local non vaia a ser que por mor de salva-lo todo esquezamo-las partes, ou non?

Construír Galicia desde Arousa...

Te puede interesar