• Martes, 25 de Septiembre de 2018

Desempolvando a perruca de Carrillo...

Onte corría como a pólvora polas redes sociais unha imaxe,

Onte corría como a pólvora polas redes sociais unha imaxe, a priori, insólita: o expresident da Generalitat bicando a bandeira española en Copenhague, nun centro comercial da capital dinamarquesa en compañía máis que agradable dun grupo de amigos e sin que ninguén puxera impedimento ningún para que un mozo se achegara ata el e lle pudera incluso grabar un vídeo coa anécdota que quedará para a historia do disparate e do esperpento máis grotesco do panorama político do noso país.
De non ser esta escena previamente preparada e consentida, que todo pode ser neste vodevil, non apareceu ningún garda de seguridade que lle cubrira as costas ao expresident e que incluso pudera saír ao paso de actitudes molestas das que un polémico político como Puigdemont estivera exposto a sufrir neste periplo polo exilio europeo onde non sempre é de todo comprendido o sentido do humor ibérico.
Creo que a imaxinación do arousán Valle-Inclán íase quedar curta a razón do comportamento da clase política española das últimas décadas a xulgar polo visto en Copenhague. Ou é que Puigdemont estaba acogotado e temía certamente pola súa vida ou pensara que o mozo que o abordou no centro comercial dinamarqués íalle propinar algo máis que unha “pescozón” se non accedía aos seus desexos de bicar a bandeira roxigualda ou é que xa nada ten sentido neste sainete no que se está a convertir o chamado “procés”.
E mentras esto sucedía en Dinamarca, o ministro do Interior do Reino de España, o ínclito Juan Ignacio Zoido, sacaba peito e anunciaba que o seu departamento porá en marcha un amplio dispositivo por terra, mar e aire para evitar a entrada de Puigdemont en España sin ser detido e posto a disposición xudicial. Unhas declaracións do máis oportunas sobre todo si, finalmente, se presenta o Molt Honorable nas inmediacións da Praza de Cataluña ou no propio Parlament deixando en simple anécdota o que lle ocurrira no seu día ao ministro franquista Martín Villa, cando se paseou por Madrid o mítico Santiago Carrillo disfrazado con aquela gabardina e unha perruca espantosa.
Sempre resulta certo aquelo de que quen non coñecen a historia está condeado a repetila e dame a impresión de que José Ignacio Zoido ou non sabe ou non se entera e pode ir camiño de facer máis ridículo que Martín Villa e a perruca de Santiago Carrillo, ou non?