Diferencias nas medidas...

Pese a correr o risco de que se me malinterprete o sentido deste artigo, véxome na obriga moral (pola miña propia conciencia persoal) de facer unha reflexión que me leva a pensar que non todos somos iguais ante a lei ou que a lei non é exactamente igual para todos.

Refírome aos recentes acontecimentos político-xudiciais en Cataluña e a decisión dunha xuiza de decretar prisión incondicional (creo que comunicada…) para os presidentes da Asamblea Nacional Catalana (ANC) e Omnium Cultural, os famosos “Jordis” por intento de sedición, un delicto tipificado como moi grave.

Non dubido de que tivera xustificación legal para decretar o ingreso en prisión destes dous activistas confesos do independentismo catalán, pero estando o asunto en materia de instrución e sin ser substanciado xudicialmente en audiencia pública, dame a impresión de que é un tanto duro ou exemplarizante tendo en conta outros acontecementos e referencias sobre a aplicación da lei neste país por delictos aparentemente graves (non vou dicir nin siquera que son máis, pero si importantes).

Estou falando de sentenzas, que non meras instrucións que poden concluir cunha acusación firme, o sebreseimento ou como sexa… E en canto a esto das sentenzas xudiciais chama moito a atención que determinados persoeiros, sin ir máis lonxe Iñaki Urdangarín, cunha sentenza (eso sí, recorrida ante o Supremo) que o condea a 6 anos de cárcere (poderían ser máis, pero foron media ducia) está pasando non so vacacións senón domingos e festas de gardar en liberdade…

Tres cuartos do mesmo ocorre con Luís Bárcenas, con peticións de cadea que superan o medio cento de anos e que goza dunha liberdade absoluta (bueno creo que se lle quitou o pasaporte e ten que se presentar periódicamente ante o xulgado) cando se dispón de graves probas contra el, incluidas comisións rogatorias a Suíza e outros paraísos fiscais, onde se lle atoparon ocultos ao fisco millóns e millóns de euros.

Tamén, e xa sin saír da Cataluña, está o Molt Honorable Jordi Pujol (os ex presidentes da Generalitat disfrutan desta distinción de xeito vitalicio) que ten pendentes xuizos por acusacións moi graves de cofeito, apropiación indebida, o famoso 3%, etc., etc., etc.

Dame igual… pero un principio democrático inquebrantable é a igualdade ante a lei e si os Jordis teñen que ir a prisión por presuntos delictos moi graves os outros tamén. Ou todos ou ningún, ou non?

Diferencias nas medidas...

Te puede interesar