Do punto morado ao lila...

As festas multitudinarias que se están a celebrar durante estes días, e os vindeiros, nas distintas comarcas que compoñen a Ría de Arousa estanse convertendo en citas obrigadas do calendario estival galego e, tamén, estatal. O bo tempo (quizais excesivo) que está acompañando estas xornadas axudan a que o número de visitantes a O Salnés, O Barbanza e Ulla-Umia se conte en unidades de millar.
Unha das novidades deste ano da Festa do Albariño foi a instalación dos chamados “puntos morados” cos que se pretende visualiza-lo respaldo organizado ás mulleres en caso de acoso ou “tocamentos” non desexados durante as enormes aglomeracións de xente que se produciron durante as distintas actividades previstas en Cambados para honrar ao Príncipe dos Viños, como o denominara Álvaro Cunqueiro.
Agora toman o relevo os “puntos lilas” que se van instalar por parte do Concello de Vilagarcía durante a Festa da Auga, tal e como solicitaron Esquerda Unida e Somos Maioría, para loitar contra comportamentos indesexados e que poden representar un auténtico inconvinte para o normal disfrute deste tipo de celebracións aproveitándose algúns do anonimato que provocan as grandes aglomeracións de xente, como esta.
Parece que un dos patróns comúns nas situacións de acoso e propasamento coas mozas veñen asociados ao consumo desproporcionado de alcohol durante as horas previas ás agresións, tanto verbais como físicas, que se podan producir durante estas festas o que fai que teñamos que inicidir neste aspecto como unha cuestión que debería preocupar como xeito de previr situacións como as denunciadas.
Son moitos os que consideran que a inxesta incontrolada de alcohol nas horas da noite previa á Festa da Auga ameazan a seguridade e o normal desenrolo das actividades previstas con motivo desta singular celebración e responsabilizan a estes mozos dunha situación, que en ningún caso é eximente, pero que explica algún deses comportamentos indesexados.
Os macrobotellóns nos que se están a convertir festas de tradición ben diferente ás que lles deron orixe, como as Festas do Albariño, o Desembarco Vikingo ou a Festa da Auga, fan que non só teñamos que avanzar na colocación de “puntos violetas, morados ou lilas” senón que debemos ir á raíz do problema e concienciar a cidadanía sobre a consumo axeitado de bebidas espirituosas para evitar comportamientos incívicos que, nalgúns casos, acaban na comisión de delictos de todo tipo, entre eles contra a liberdade individual e sexual das persoas. Non é sempre e en todo caso non, ou non?

Do punto morado ao lila...

Te puede interesar