Educación e civismo como futuro

Ensinar ou educar? Dous términos complementarios ou nalgún caso contrapostos? José Saramago defendía que o concepto “educación”, desde a óptica da transmisión de valores, debería ser aprendido no seo da familia fronte ao deber de instruir e compartir coñecementos que reservaba para os colexios. Dicía este sabio portugués que as persoas que máis lle educaron na vida foron os seus pais, dúas persoas completamente analfabetas. 
Moitos outros autores consideran que os centros de ensino deben ser algo máis que laboratorios onde se transmiten coñecementos ou experiencias e deben aportar autonomía, espíritu crítico e ferramentas para que o individuo vaia construíndo a súa personalidade.
Nos tempos que corren onde os rapaces pasan pouco tempo cos seus pais por mor da complexidade que representa a conciliación da vida laboral coa familiar parecera que o papel da escola tería que ser máis protagonista dentro dun concepto socializador onde a institución educativa, responsabilidade colectiva dunha sociedade moderna, complementara ese baleiro parental.
Fago esta reflexión en voz alta por mor da decisión do Concello de Vilagarcía de poñer en práctica nos centros educativos unha iniciativa tendente a favorecer un mellor comportamento cívico das novas xeracións tomando como pretexto o proxecto Prántate na rúa a través do cal os escolares sementarán en maceteiros dispostos polo centro da cidade varias flores que adornaran ás rúas de Vilagarcía.
A intención é a de inculcar, desde pequenos, o respecto polo mobiliario urbán e as plantas que suelen ser obxectivo prioritario dos amigos do allego chegando a casos impresionantes onde non da case tempo a prender á planta no maceteiro cando xa os desaprensivos turran con elas ben levándoas ou ciscallándoas polo chan.
A educación é a base de calquera sociedade con futuro. Unha persoa que de neno recibira unha axeitada formación en valores e principios, ben sexa no seo da familia ou da escola (ou en ámbolos dous ámbitos) difícilmente cae en comportamentos antisociais e deshumanizados.
Cando vemos sucesos como os de París, con atentados terroristas tan dramáticos, sempre hai que pensar en que algo ten que fallar na nosa sociedade cando se chegan a producir semellantes situacións. Nunha sociedade san onde se eduque, desde nenos (na familia e na escola), que sobre os piares do respecto, o diálogo e a diversidade tolerante de pensamento é como se debe construir e sustentar a convivencia cotiá teremos un un bo antídoto en orixe contra a barbarie nos seus distintos niveis de manifestación, ou non?

Educación e civismo como futuro

Te puede interesar