A enquisa do CIS: Todo ou nada...

A noticia política do día, xunto coa decisión do tribunal belga encargado de revisa-la posible extradición de Puigdemont de apraza-la vista ao mes de decembro, é sen dúbida os resultados da equisa do CIS manexados por José Félix Tezanos nos que se prognostica unha victoria aplastante do PSOE aumentando o número de escanos ata os 150, o cal permitiríalle segundo esta misma sondaxe formar goberno á carta, ben con Unidas Podemos ou con Ciudadanos.

No tocante a Galicia, o sociólogo prevé unha nova vitoria dos socialistas ou, o que é o mesmo, a segunda derrota consecutiva do PPdeG de Núñez Feijoo, con posibilidades de que candidatos galegos de Ciudadanos e o BNG se queden fóra do hemiciclo madrileño.

Estamos de novo ante un exercizo curioso, sobre todo porque nas pasadas eleccións tamén Tezanos botou a súa quiniela ao aire e, pese a toda unha recua de politólogos incrédulos (inclúome modestamente nese grupo) que pensaron que lle sentaran mal as gotas que mesclou co café da sobremesa; pero nembargantes acertou de pleno.

Ese acerto hai quen di que, en realidade, foi unha profecía autocumprida e que o que buscaba era causar unha sensación de euforia e irremisibilidade no votante precipitando a concentración de sufraxios da esquerda na opción socialista e diversificando entre PP, Ciudadanos e Vox as preferencias do centro-dereita.

Si fora así, agora poderíamos estar tamén ante un novo escenario: Ou José Félix Tezanos é un crack que “crava” sempre os seus prognósticos ou nos situamos de novo ante un novo experimento demoscópico moi simple, é dicir, se acerta coróase e segue de director do CIS cun goberno socialista e, pola contra, se perde tense que marchar porque serán outros os que ocupen o sillón da Moncloa e non o querrán como responsable do principal instituto demoscópico do país.

Tezanos xoga ao todo ou nada, nunha arriscada xogada da que pouco ou nada ten que temer posto que no caso de que non gañe o Partido Socialista ten garantido que terá que face-las maletas, pola contra si volve provocar un novo efecto de euforia mobilizadora nas predileccións electorais da cidadanía cara Pedro Sánchez e a súa política volverá ser un “crack” da ciencia demoscópica e haberá que convencelo para que poña en marcha unha daquelas antigas liña telefónicas do tarot para que nos bote a boaventura e nos prognostique cal vai ser o número que resulte agraciado este ano co Gordo de Nadal, ou non?

A enquisa do CIS: Todo ou nada...

Te puede interesar