Escusas de mal pagador...

Novos equipos traen ideas diferentes e xeitos de gobernar distintos, o cal é lóxico e entra dentro da alternancia democrática. Así, no Concello de Sanxenxo, desde a chegada do cuatripartito (perdón, agora son tripartito…) hai prioridades que non son as que tradicionalmente viñan ocupando os menesteres dos gobernantes de turno. É certo que cada “mestriño ten o seu libriño”, pero tamén hai que dicir que as formas e a imaxe dun pobo son cuestións importantes.
Sin entrar en discusión sobre quen ten a razón no conflicto entre o Concello de Sanxenxo e a Asociación de Villas Marineras, que agrupa agora a tan só seis concellos turísticos do norte de España (Galicia, Asturias e Cantabria), pese a chegar a ser preto dunha vintena (tamén por algo será…) deixa  nunha situación peculiar o proceder dos responsables turísticos da institución sanxenxina.
Mentres o concelleiro do ramo, Jesús Sueiro, di que se enterou pola prensa da expulsión de Sanxenxo por falla de pago e reiterados retrasos achacables, presuntamente, a este Concello nos proxectos a desenrolar por este organismo de promoción turística, que conta con fondos europeos, (un deles a páxina web que se atopa agora en construción para adaptarse á nova situación, supoño) dame a impresión que algo non cadra ben de todo.
Estamos dacordo en que formar parte da Asociación Villas Marineras fora unha das iniciativas da ex rexidora Catalina González, do PPdeG, moi ilusionada e concienciada da necesidade de apostar pola desestacionalización do turismo en Sanxenxo e de rivalizar con Baiona por ser a “Marbella galega”, no bo sentido da palabra (si o ten); pero tampouco non é menos certo que si o novo goberno non estaba dacordo con manterse dentro desta entidade estaría no lexítimo dereito a pedir a súa saída e non chegar a estes estremos.
Certo é que o edil di que non pensaban, a priori, en retirarse e que lle causou sorpresa a reacción, pero tampouco é menos certo que non se pode estar nun organismo de “miranda” e si hai que apoquinar unha cuota haberá que pagala ou si non se pode estirar máis a manta pois haberá que renunciar a estar. O que non se pode é ir ás xuntanzas e despois non cumprir como o que máis. Será ou non unha maniobra de Baiona, como se insinúa agora para ensombrecer o sucedido co fin de que a vila do Val Miñor represente en exclusiva a Galicia neste tipo de turismo? Pode ser, pero si cumpres coas túas obrigas non che poden acusar de por escusas de mal pagador, ou non?

Escusas de mal pagador...

Te puede interesar