O factor humano na loita contra o Covid-19

medida que nos imos acostumando á “nova normalidade” as autoridades sanitarias e gubernativas avanzan no proceso de corresponsabilidade cidadá á hora de frenala aparición dos rebrotes do Covid-19. Así, as últimas medidas adoptadas pola Xunta de Galicia, referidas á obrigación de comunicar ás persoas residentes ou non na nosa comunidade autónoma que estiveran ou proveñan de zonas consideradas de risco teñen que llelo comunicar ás autoridades sanitarias a través dunha chamada telefónica (ao número 881 00 20 21) ou a través de internet (https://coronavirus.sergas.gal/viaxeiros).
Estamos asistindo a un escenario un tanto especial marcado polo desexo máis que por unha realidade acorde coa racionalidade do ser humano onde a seguridad sanitaria debería de ser unha prioridade inalienable. Así, as autoridades esperan de nós que sexamos o suficientemente responsables para seguir ao pé da letra as instrucións que nos marcan e, pola outra banda, a xente está cansa de que lle digan o que pode ou non facer rozando, en moitos casos, a inconsciencia ou mesmo a temeridade.
Para mostra, un botón. O outro día un veciño de Vilagarcía gravaba e compartía no facebook unha escena clarificadora: Uns mozos, a altas horas da madrugada, nas inmediacións da Praza de Galicia apurando os últimos momentos da noite e da “diversión” sen respectar as mínimas normas de uso da máscara. Unha vez chegada a Policía Local e tras recibi-lo apercebimento correspondente, seguiron co seu “rollo” desafiando a prohibición e mesmo instando aos axentes a que se foran dunha vez e “non molestaran”…
En fin, que ante a imposibilidade de conter o problema, porque terían que implementar medidas antipopulares e de maior calado, as autoridades cambian o modelo pedagóxico corresponsabilizando a toda a sociedade do seu destino sanitario cuestión que, a priori, nunha democracia avanzada ou mesmo noutro modelo social como o que existen en países lonxanos do este do planeta podería funcionar, pero na forma de ser nosa parece que non acaba de impoñerse.
Ante este panorama, ninguén quere collerse os dedos e óptase por medidas que deberían levar aparellados comportamentos avanzados e de maduración que non corresponden, por desgraza, coa nosa idiosincrasia do momento. Ante esto, como me dixo un amigo de avanzada idade, o que nos queda é saír tódolos días rezados da casa e que sexa o que Deus queira, ou non?

O factor humano na loita contra o Covid-19

Te puede interesar