Feijóo, o militante de Galicia

Sin agardar sorpresas, Alberto Núñez Feijóo enfronta a súa terceira investidura facendo bo aquel dito de que non hai dous sin tres. O seu discurso foi tildado de continuista, pouco ilusionante, esgotado e de calquera outro epíteto que se lles poda imaxinar e que forma parte do argumentario de cabeceira de calquera líder da oposición. Para todos foi malo e esperado, agás para o PPdeG, claro está, que tamén está na obriga de arrimar todo o que poida “as ascuas a súa sardiña”...
De tódolos xeitos, a min o discurso pareceume moito ao dunha persoa que é consciente de que esta é a súa derradeira lexislatura ao fronte do país, que fai un chamamento ao entendemento político, a modo de gran estatista da postguerra, e que enarbola a bandeira de Galicia, que tan bos resultados lle deu nos pasados comicios autonómicos, recuperando para o PPdeG, outra vez e dun xeito oficial, o galeguismo do que parecía renegar nos últimos tempos quizais pensando noutros cometidos lonxe do Padornelo ou para diferenciarse doutras opcións que durante tempo estiveron agochadas agardando o momento para herdar o patrimonio que dalquela deixaba Manuel Fraga.
Sexa por unhas ou por outras, o certo é que diante da opinión pública o Núñez Feijóo da súa terceira e derradeira lexislatura (ata o final, recalcou no seu discurso) é máis a dun estatista sabedor de que xa ten os seus grandes deberes cumpridos e que agora, como dun símbolo patrio se tratara, busca pasar á historia por algo máis que unha administración austera e eficiente, que soubo enderezar o barco e o déficit público en plena zozobra económica xeralizada pola crise económica mundial.
O Feijóo da súa derradeira lexislatura pretende ser a do “militante de Galicia”, a do que sitúe por debaixo do 10% a lacra do desemprego e o que rescate a familias, autónomos e emprendedores da situación de incertidume na que se atopan e lidere o despegue definitivo do noso país sin renunciar a investimentos do Estado (léase AVE e outros) nin a ser tratado por debaixo de ninguén (reformas estatutarias, concertos económicos cataláns e nova finaciación autonómica que previsiblemente virán)…
Esta é a herdanza que o presidente da Xunta quere deixar como legado; agora haberá que ver si é capaz de pasar das boas intencións e das palabras aos feitos e si é quen de artellar unha solución máxica que combine as necesidades do país coas esixencias de Montoro e a Unión Europea, ou non?

Feijóo, o militante de Galicia

Te puede interesar