Fole, onde quería...

Os distintos acomodos froito da constitución do novo goberno en Madrid e, non tan novo, en Santiago de Compostela serviu para catapultar a Tomás Fole ao posto de deputado no Congreso, aspiración que tivo desde sempre e que agora se ve colmada. En contrapartida, tivo que renunciar a liderar o novo proxecto do Partido Popular en Vilagarcía de Arousa xa que non se presentará á reelección como presidente local desta formación política no congreso que celebre no primeiro trimestre do vindeiro ano.
Con esta decisión consensuada entre o interesado (Tomás Fole) e o novo presidente do PPdeG na provincia, Alfonso Rueda, desbloquéase unha difícil situación que, deste xeito, queda expedita para afrontar unha profunda renovación, sin traumas, poñendo fin á vella costume da agrupación vilagarciá de enzarzarse en liortas fratricidas tendo como protagonistas ao responsable local do momento e á dirección provincial do partido como lle sucedeu a Louzán con Fole e, anteriormente, ao tándem Bouzas-Amadeo, sin remontarnos a épocas pretéritas con Rivera ou Juan Antonio Garrido, coa excepción do añorado Miguel Ángel González Estévez.
Parece que o relevo tranquilo na dirección local do PPdeG pasa sempre por Madrid: Rivera ao Senado e Fole ao Congreso, si se quere evitar unha nova situación de enfrontamento toda vez que as sondaxes que periódicamente realiza a dirección do PPdeG na capital arousá non garanten recuncar en Ravella con Tomás Fole como candidato sendo agora o obxectivo máximo do equipo de Rueda.
Como son as cousas! Cando as guerras cainitas en Vilagarcía entre os sectores da boina (autodenominados galeguistas) e os do birrete (oficialistas) se agudizaban por mor da representación da capital arousá nas listas ao Congreso xa personificaba en si mesmo, Tomás Fole, a necesidade de pagar a débeda histórica con esta cidade coa reserva dun posto de saída para él, pese a que nunca acababa de chegar, conformándose incluso con ser deputado provincial, cuestión imposible ante a silente e perpetua oposición dos seus colegas da comarca do Salnés, sempre reacios a que o vilagarcián pisara o Pazo de Montero Ríos.
Agora, o seu desexo vese cumprido e recompensada a súa constancia e capacidade de supervivencia que lle fixo gañar, contra todo pronóstico (como lle pasou a Donald  Trump) primeiro aquel congreso mal calculado por Louzán e Javier Puertas, onde a fórmula do “inimigo do meu inimigo é o meu amigo” se impuxo á hora da votación; e logo, nas eleccións municipais, en connivencia con Rivera que lle valeu, xunto á súa acta no Senado, a reconciliación do PP local cunha grande parte de IVIL. Hai quen di polo baixo “inimigo que fuxe, ponte de prata”, ou non?

Fole, onde quería...

Te puede interesar