Garzón volve a Arousa...

O ex xuiz todopoderoso Baltasar Garzón volve hoxe a Arousa para participar nun acto de merecida homenaxe ao conxunto dos represaliados arousáns durante a Guerra Civil e a ditadura do xeneral Franco e que ten como un dos seus maiores expoñentes a Luis Pando, maxistrado fusilado no 36.
Desde logo esta non será a primeira vez que Baltasar Garzón pisa Vilagarcía de Arousa despois da súa primeira actuación que o encumiou como “xuiz estrela” na loita contra o narcotráfico. Moitas veces ten acudido a terras arousás convidado, sobre todo, polo seu amigo o xornalista Felipe Suárez e sempre enarbolando un pano branco contra a droga.
Na memoria colectiva de todos queda aquela Operación Nécora que serviu de punto de partida mediático-xudicial para unha loita sin cuartel contra o cárteles da droga que tiñan á Ría de Arousa como triste protagonista e que tamén axudo a encumbrar a un xoven e idealista Baltasar Garzón que se atrevía con todo e con todos.
Daquela, o ex xuiz chegara envolto nun atronador ruxido de potentes vehículos policiais e escoltado desde as alturas por efectivos aéreos, helic ensordecedor xuiz dos.n xoven e idealista Baltasar Garcipe Surturadas ou vilipendidas polo simple feito de pensar dun xeito difópteros e de todo, seguindo o estilo “hollywoodiense” de “Corrupción en Miami” ou produccións cinematográficas similares para rachar co silencio cómplice (casi unha “omertá”) que envolvía o mundo do narcotráfico.
Agora chega dun xeito máis humilde, máis modesto, que naquel 12 de xuño do ano 1990 pero non con menos razóns como é reivindicar, da man de Iniciativa Cidadá para a Memoria Histórica, a dignidade dos represaliados e a dor das súas familias.
A súa presenza vai acompañada dun acto reivindicativo para que Luis Pando, como xeito de personalizar nel a tantos represaliados arousáns polo franquismo, dispoña dunha rúa que leve o seu nome en Vilagarcía e, cuestión que afortunadamente parece que así será, máis cedo que tarde. Pero desde logo resulta moi triste que tiveran que pasar tantos anos e tantos sufrimentos para que, despois de casi cuarenta anos de democracia e, con moito esforzo e dor de corazón, as corporacións municipais democráticas accedan, tímidamente aínda agora, a recoñecer, a través do nomenclator do rueiro, a necesidade de facer actos públicos de desagravio daquelas persoas que foron asasinadas, torturadas ou vilipendiadas polo simple feito de pensar dun xeito diferente ao bando vencedor.
Mentras non se corrixa este desequilibrio e figuren persoas como Luis Pando no rueiro das nosas vilas e cidades non chegará a reconciliación definitiva que dea por superada unha fractura social que todavía perdura no sentir colectivo da cidadanía, ou non?

Garzón volve a Arousa...

Te puede interesar