O interese polas contas públicas...

a

s dúas principais noticias da xornada de onte están monopolizadas polo inicio do xuizo do “Procés” e o debate dos Orzamentos Xerais do Estado como posible antesala da convocatoria anticipada de eleccións. En menor medida, tamén levantou certa expectación o hipotético sobrecuste da decisión do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, de adianta-lo seu regreso a España, desde os Estados Unidos, para unirse á manifestación do pasado domingo convocada polo PP e Cidadáns pola Unidade de España e esixir unha convocatoria inmediata de comicios xerais.
Sobre este particular, o vicepresidente Alfonso Rueda xa adiantou que, no caso de que esa decisión provocara algún sobrecuste económico, este non sería asumido en ningún caso polos galegos e, de existir, nunca se repercutiría no “debe” do erario público autonómico. 
A raíz deste tema, levantou en min unha curiosidade insana que me levou a interesarme por coñecer cal era o nivel de seguimento dos cidadán con respecto ás contas públicas e tomei como referencia as consultas que se fan habitualmente ao portal de transparencia da Xunta onde figuran alí pendurados, entre outras moitas cuestións, parte do día a día da acción de goberno, tódolos contratos e gastos que se van producindo na xestión da “res publica”, que dicían os clásicos, etc.
Pois saiban vostedes que o interese do cidadán non vai orientado a coñecer que tipo de contratos se asinan, que disposicións xerais dimanan do goberno galego ou que políticas fiscais e de austeridade económica se levan a cabo desde as altas instancias da Xunta. O que máis morbo levanta é consulta-lo portal de transparencia para coñecer o que cobran e que patrimonio declaran as súas señorías tanto no Parlamento galego como nos distintos estratos da administración pública autonómica.
Desde logo non sei que cara se lle quedaría aos responsables da oficina do Valedor do Pobo cando recibiron este informe, que se elabora desde hai tres anos, co fin de favorece-lo control e o acceso á información por parte do cidadán...


En fin, creo que pouco avanza a nosa sociedade cando non se preocupa por onde se invisten os cartos públicos e non fai seguemento sobre o modo en que se xestiona o noso patrimonio polo que despois non nos chamemos a engano cando en lugar do “haber” teñamos un elevado “debe” que sirva de coartada para implantar, en caso dunha nova crise, máis medidas restrictivas e de austeridade que acaban sempre perxudicando aos sectores menos favorecidos da nosa sociedade, ou non?

 

O interese polas contas públicas...

Te puede interesar