Domingo 18.11.2018

José Juan Durán, o das patacas quentes...

Un dos políticos máis activos da comarca do Salnés é o incombustible

un dos políticos máis activos da comarca do Salnés é o incombustible José Juan Durán, o presidente máis lonxevo en canto a anos de mandato do ente Portos de Galicia. Da súa impronta e capacidade de traballo son boa mostra os anos que pasou no goberno municipal de Vilanova de Arousa e como vicepresidente da Deputación de Pontevedra onde raro era a praza onde non lle tocaba torear…
Veciño de Vilagarcía e perfecto coñecedor da realidade arousá, José Juan Durán debe estar estes días no seu despacho seguindo a actualidade relacionada coa Festa da Ameixa de Carril cun vaso de auga e un protector estomacal sobre a mesa agardando o mellor momento para inxerilo e tratar de evitar así danos maiores pola posible úlcera de estómago que, de seguro, acabará por producírselle a tenor dos acontecementos…
José Juan Durán está acostumado ao corpo a corpo e non fuxe do contacto, non só coa oposición no Parlamento galego, cando ten que comparecer ou informar, nin tampouco cos “ciento y la madre” de patróns maiores das confradías distribuidas pola xeografía litoral galega senón que agora vaille ter que tocar lidiar tamén, e de rebote, co conflicto da Festa da Ameixa ben sexa por deixadez de funcións ou inoperancia dialogante dos actores deste peza teatral que vai camiño de converterse nun auténtico esperpento valleinclaniano…
Varela e Villanueva están decididos a provocar un auténtico choque de trens poñendo en medio a José Juan Durán e a pataca quente de ter que autorizar ou non o uso dos terreos portuarios de Carril para a celebración desta festa. Así, tal cual, sin comelo nin bebelo, o presidente de Portos medito no “sarao”…
Varela boutou balóns fóra e lavándose as mans como Pilatos remitiulle unha misiva a Villanueva e Durán na que lles informa do seu desexo de non asinar e avalar a celebración da Festa da Ameixa de Carril en función dos informes técnicos que posúe polo que, deste xeito, tenta hábilmente pasarlle a un rival político esta bomba de reloxería con cada vez menos tempo e a piques de estourar…
José Juan Durán, que bastante ten co seu, está acostumado a encaixar, con valentía, marróns propios e alleos solucionando con inxeniosa intelixencia a práctica totalidade deles, pero agora está ante un reto que non quixera para el nin o mismísimo Jesús Calleja, pese a ser un namorado da ría de Arousa, ou non?

José Juan Durán, o das patacas quentes...
Comentarios