José Juan Durán’s return

Despois de casi un ano e medio de silencio, tra-lo seu cese ao fronte do ente público Portos de Galicia, José Juan Durán Hermida salta de novo á actualidade a través dunha entrevista publicaba en exclusiva por este Diario, realizada polo seu director José Pereira, e na que o xornalista lle pregunta sobre varios temas relacionados coa ausencia prolongada da súa presenza mediática e sobre a situación política do Salnés.

No seu ton habitual de misterio e ambiguedade (cando lle convén senón faise entender á primeira), José Juan Durán insinúa dúas alternativas para a súa volta á política local activa, na que xa exerceu como vicepresidente da Deputación de Pontevedra e concelleiro de Cultura en Vilanova de Arousa con certa notabilidade, en ámbolos dous casos. Unha, desde a súa Vilanova natal. Si facemos política-ficción poderíamos especular coa posibilidade, en clave sucesoria, de substituír ao seu irmán Gonzalo como cabeza de cartel do PP ou, no seu defecto (máis improbable todavía) liderando unha candidatura independente que poría en serio risco a maioría absoluta da que disfruta o que fora médico de Baión.

E e outra, a máis probable e previsible, a vía vilagarciá, cidade na que leva máis de 30 anos residindo e onde ten establecido profundas raíces familiares e emocionais.

A clara disponibilidade amosada por José Juan Durán a encabezar un novo reto político e persoal (presuntamente desde o PP) prodúcese nun momento que non pode pasar desapercibido para ninguén: Non hai ningún proceso electoral á vista, cunha recente victoria de Feijóo ao fronte da Xunta e cunha falla de liderato político claro dos populares en Vilagarcía tra-la retirada do último candidato presentado ás eleccións municipais polo Partido Popular, Alfonso Gallego. Ah!! tamén no medio dunha pandemia…

Esta declaración de intencións prodúcese nun momento no que o “forte” dos populares atópase desguarnecido e sen ninguén ao mando: Alfonso Gallego non está nin se lle espera, Tomás está en temas turísticos en Santiago e Marta hai tempo que ten fixada a súa mirada na capital de Galicia. Por outra banda, Elena Suárez comeza o seu periplo entre o Hórreo e San Caetano polo que na sede de Castelao non hai ninguén que atenda a chamada da cidadanía…

José Juan Durán aparece neste trance como militante de base, pese a ter desempeñado cargos de relevancia na dirección provincial e galega e ser un dos responsables dos mellores resultados electorais do PP en tempos pasados, coa intención de ofrecerse como voluntario para a reconstrución e todo aquello que sexa preciso partindo da súa experiencia, pero amosando a súa humildade asistindo á contenda con graduación de “soldado raso de infantería lixeira” con coñecementos de capitán xeneral (eso si, de momento sen mando en praza).

Así que, aqueles “cráneos previlegiados” que pensaron nalgún momento que este admirador do esperpento de Valle-Inclán era un “cadáver político” non saben que a José Juan Durán non o xubila ninguén e que “este morto que vós matades, goza de boa saúde”… política, ou non?

José Juan Durán’s return

Te puede interesar