LENTELLAS, GARABANZOS E O CHOCOLATE DO LORO

Os rifi-rafes entre o alcalde popular de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, e o líder do grupo municipal socialista de turno, nesta ocasión Javier Dios, son un clásico que se dá cita no panorama arousán dando boa imaxe do nível político que se gasta por estes lares. Si un acusou ao outro de venderse por un plato de lentellas agora, no turno de réplica, o socialista afirma que Durán se queda cos garabanzos de tódolos veciños de Vilanova por mor duns gastos de desprazamento presuntamente desafortunados que son, en cuantía, como diría o clásico “o chocolate do loro”…
Dicíamos hai unhas semanas que en Vilanova soaban tambores de guerra e non íamos moi desencamiñados. Despois de abrirse por completo as hostilidades entre o alcalde e a presidenta da Deputación as súas respectivas tropas comezan o seu despliegue no teatro de operacións.
Calquera estratega sabe que o primeiro movemento a realizar debe protagonizalo o servizo de información e intelixencia, encargado de recabar datos sobre o adversario para poder ser máis incisivo á hora de penetrar con forza entre as filas inimigas. Unha vez detectados os puntos débiles, tócalle o turno á infantería que vai tomando posicións sobre o terreno producindo algunha que outra escaramuza para rebelar a capacidade de resposta do contrincante.
Así, Gonzalo Durán ameazou con levar aos tribunais a Carmela Silva pola paralización das obras do auditorio na Casa de Cultura do Esteiro e agora tócalle mover ficha á presidenta da Deputación a través dunha peza cualificada como é o seu compañeiro socialista na Corporación Provincial e edil vilanoves, Javier Dios, quen desenterrou a machada de guerra trasladando á Fiscalía unha serie de gastos, presuntamente mal xustificados (quilometraxes por viaxes en días festivos: Xoves e Venres Santo a Santiago ou San Bieito a Pontevedra). Veremos que resposta dá a esto Durán, aínda que coñecéndolle ben o seu sentido do humor e a súa afección polo esperpento de Valle-Inclán non me extranaría que nos dixera que foi de peregrinaxe a Santiago, facendo un vía crucis procesional, para cumprir unha penitencia co fin de ver algún día construído o ansiado auditorio, que servira neste 150 aniversario de homenaxe ao singular literato. Tamén podería dicir que acudiu a San Bieitiño de Lérez por vez de pedir a intercesión neste tema do “Santo máis miragreiro”, ou non?
 

LENTELLAS, GARABANZOS E O CHOCOLATE DO LORO

Te puede interesar