A lotería de Pedro Sánchez e Rajoy...

Os galegos temos unha idiosincrasia especial que nos fai diferente a calquer outro pobo do mundo. A nosa sorna fainos parecer que estamos a piropear a unha persoa cando, en realidade, o que estamos a facer é deixala en ridículo. Así pasa moitas veces cando utilizamos unha palabra ou un dito. Cando dicimos tocoulle a Lotería pode ser unha cousa boa ou todo o contrario: menuda Lotería!
Algo así parece que lle estiveran a dicir os dirixentes europeos a Mariano Rajoy. Mentras en Alemaña ou Italia, por exemplo, estarían vendo ao Partido Popular como o gran triunfador das eleccións xerais ao ser a formación política que maior número de escanos colleitou tras o reconto final dos votos, neste caso 123 deputados dos 176 necesarios para obter a maioría absoluta, no Estado Español esto parece un pouco máis difícil e as bágoas emocionadas ou sentidas de Soraya Sáez de Santamaría na noite electoral falaban ás claras da vitoria pírrica dos conservadores.
Peor o teñen na outra banda política, na socialista, onde non só non foron alternativa ao descalabro electoral do PP (63 deputados menos) senón que non foron quen de se vislumbrar entre o electorado como alternativa natural aos populares, tal e como viña sendo ata o de agora, e aínda perderon 20 escanos. Cidadáns e, sobre todo, En Marea-Podemos foron quen de suscitar entre o corpo electoral maior confianza para abandeirar o cambio.
Difícil vai ser o papelón de Pedro Sánchez: Terá que votar non a investidura do candidato do PP e tampouco poderá chegar a un acordo cos de Podemos-Esquerda Unida, e un longo etc. polas peaxes programáticas que lle esixen e, ao mesmo tempo, decida o que decida o líder do PSOE vaille ocasionar un desgaste electoral importante, sin contar coas trifulcas internas que se aveciñan cos principais baróns e lideresas do partido que xa están a exhibir, ameazantes, as súas pinturas de guerra.
Polo tanto, estaremos abocados a pasar de novo polas urnas nun curto espazo de tempo onde, tamén se acabará polarizando o voto, pero non entre o PP e o PSOE senón entre os conservadores e as candidaturas de unidade popular seguindo o exemplo de En Marea que, visto o visto, extenderanse a todo o Estado coa incorporación de Esquerda Unida a nivel estatal e, aquí en Galicia, si é que os upegallos non queren continuar co seu “hara-kiri” particular, coa integración do BNG, ou non?

A lotería de Pedro Sánchez e Rajoy...

Te puede interesar