Máis cunha pose

Un dos graves problemas que acompañan ao xornalista contemporáneo son as presas e as poucas posibilidades de correxir ou enmendar un erro sobre a marcha. Atrás quedan as figuras dos correctores e supervisores ortográficos (hoxe substituídos polo automatismo do ordenador que non cubre, nin de lonxe, as expectativas e os servizos que prestaban estes traballadores) que no século pasado cumprían unha función esencial, non só para “avisar” ao director do “escoramento” dun determinado artigo antes da súa publicación senón tamén pola súa contribución á calidade do produto e a preservar o correcto uso do idioma utilizado, ás veces maltratado, por aquelas avezadas e prestixiosas “plumas”.
Cando tiña que escribir algún artigo relacionado coa vida política local de Vilagarcía, sempre tiña un coidado especial en non trabucarme á hora de transcribir o apelido do dirixente socialista Modesto Pose porque dase a circunstancia de que o seu apelido usa as mesmas letras que o “acrónimo” do seu partido (PSOE). Tal situación provocaba que os meus dedos me xogaran unha mala pasada á hora de martillear o teclado do meu ordenador e en lugar de escribir Pose poñía en moitas das veces PSOE, co agravante de que o cerebro tende a correxir as nosas eivas e resulta prácticamente imposible para o autor detecte o erro cometido, de aí a miña insistencia como director que fun deste xornal, e doutros, de decirlle aos meus compañeiros de redacción que intercambiaran sempre os seus artigos (como facía eu cos meus) para detectar os erros cometidos, que o ollo humano non ve, pero que os nosos lectores padecen…
Pois mirade o que son as cousas. Hoxe volvo a escribir do amigo Modesto por temas relacionados co POSE e onde o apelido Pose convertiuse nos últimos días en motivo de discusión entre os deputados socialistas que consideraban unha deslealdade a proposta do seu nome para ocupar un posto como senador por designación autonómica en lugar do vello socialista Méndez Romeu.
Ao final Carme Gallego e a maioría dos deputados na cámara galega puxeron sobre a balanza a disciplina de partido fronte a unha nova imaxe de enfrontamento e desunión da oferta socialista a poucos meses dos comicios autonómicos e o amigo Pose, o noso veciño de Cornazo, volverá ser senador en Madrid, unha circunstancia que ven a culminar a súa xeira política de sacrificio ao servizo do PSOE. E polo demais, nada novo no comportamento público suicida da esquerda, ou non?

Máis cunha pose

Te puede interesar