• Martes, 13 de Noviembre de 2018

Mas... a pela é a pela

empre que hai un problema de rivalidade ou “comportamento"

empre que hai un problema de rivalidade ou “comportamento” no que aparecen como protagonistas residentes nun lugar ou noutro do territorio do estado español é doado que saia a colación os típicos tópicos que marcan tradicionalmente os procesos de xeralización inxusta á que se ven abocadas as distintas idiosincrasias do país.
Dito o cal non me podo resistir a caer na trampa de ver o conflicto catalán tamén desde esa perspectiva toda vez que na mañá de onte pudemos comprobar como todo un valente e desafiante Artur Mas, que alardeaba hai non moito tempo dun xeito fachendoso e aos catro ventos, de ser o responsable, o “único e máximo responsable”, da convocatoria do 9 de Novembro e que agora asistimos incrédulos a unha nova escenificación na que o todopoderoso delfín de Jordi Pujol vaise enrugando e envainando as súas palabras buscando a solidariedade, polo baixini, dos 2.000.000 millóns de cataláns que aseguraron participar naquel simulacro de referendo que costou casi 5,3 millóns de euros ao erario público e que agora, segundo a Xustiza, terá que pagar o “molt honorable” de xeito solidario cos outros condeados.
Moitos dos que están impulsando este “procés” en Cataluña decláranse abertamente antisistemas ou persoas que ideolóxicamente ven na proclamación unilateral da república independente un paso previo e casi intermedio para a chegada dun cambio revolucionario que acabe por instaurar un réxime igualitario filosocialista ou filocomunista, pero que na realidade vai estar dirixido e pilotado desde a dereita tradicional catalá do PDCat ou pola pequena e mediana burguesía de Esquerra Republicana de Cataluña (ERC) onde as aspiracións de clase ocupan un lugar moi alonxado das súas prioridades dentro dos seus plantexamentos soberanistas.
Visto o visto, “a pela é a pela” e ante esa situación de embargo de bens e capitais cada cal retrátase rapidamente como amosou non so Artur Mas senón os cinco membros do Síndico Electoral (Xunta Electoral) que ante a posibilidade de ser multados con 12.000 euros diarios puxeron os seus pes en polvorosa…
En tódolos procesos políticos, e este tamén o é, non podemos perder nunca a perspectiva de cales son os intereses e o transfondo do tema porque non vaia a ser que algún poña a ilusión e o esforzo real nesta cuestión e outros acaben por levarse o gato á auga. Vamos, seguindo cos tópicos, a ver si os que pretenden facer do “procés” un movemento de liberación social acaben por despertarse nunha república independente cos mesmos problemas ou máis agravados cos que se acostou, presa dos mesmos cans pero con distinto colar, ou non?