NA PROCURA DO ARRECENDO DA SOLIDARIEDADE

SigCando aínda martillean nas nosas conciencias aquelas terribles instantáneas daquel cativo morto, mecido polas augas do mar como si estivera sumido nun profundo e inocente soño, nun descanso final, cos olliños pechados, alleo ás enormes penurias que o rodeaban, ofrecendo unha imaxe de decepcionante contraste entre a Europa social, a terra prometida, e a crueldade incomprensible da guerra, do exilio, rachando dun xeito doce e agarimoso, sin querer molestar, coa indiferencia do mundo “civilizado” e indolente que contempla, desde a lonxanía e sentado cómodamente no sofá fronte ao televisor, as miserias humanas sen decatarse que moitos deses conflitos obedecen á ambición dos poderosos por seguir mantendo o seu poder e a súa dominación (económica, política, social, cultural, relixiosa…).
Unha vítima inocente volve golpear nas nosas conciencias para lembrarnos que hai un xeito diferente de artellar o mundo desde unha perspectiva máis humana e onde se poda recuperar os valores que, como coletividade que avanza aprol do progreso social e cultural, debe facer un exame de conciencia e reprantexarse cara onde está a camiñar. Cando vemos o medo nos ollos dunhas anciás, agachadas entre os aramios cheos de coitelas e pinchos, pasando a fronteira cara ao primeiro mundo, buscando a comprensión humana dos que estamos ao outro lado dun auténtico “muro da vergoña” é cando realmente nos decatamos de que algo, máis ben moito, non funciona axeitadamente.
“Aqueles pobos que non coñecen a súa historia están condeados a repeti-los erros do seu pasado”, lémbrome desta vella frase, que moitos atribúen a Cicerón, outros a Napoleón Bonaparte, a Karl Marx…, e que inspira á que está na entrada do bloque número 4 do campo de concentración de Auschwitz I, en polaco e en inglés.
Ninguén lembra agora os intentos desesperados dos refuxiados e dos deportados republicanos que, ao remate da Guerra Civil, malvivían e morrían de inanición nos “campos de concentración” (mal chamados campos de refuxiados) do sur de Francia agardando a oportunidade para ser embarcados rumbo a México e, en menor medida, Arxentina ou Cuba.
Parecera que en Galicia vivíramos sempre de costas aos nosos antergos, aqueles que partindo do porto de Vilagarcía tiveron que afrontar a “aventura incerta” da emigración para procurar unha saída digna para as súas familias e para eles mesmos. Temos que deixar de ser uns auténticos desmemoriados e parar de cuspir cara ao vento, ou non?

NA PROCURA DO ARRECENDO DA SOLIDARIEDADE

Te puede interesar