Na procura do auténtico...

O Partido Socialista remata o ano con trifulcas e comeza o 2017 ofrecendo unha imaxe que poderíamos cualificar de penosa, por aquelo de non querer facer mella sobre a árbore caída. Primeiro foi o espectáculo bochornoso protagonizado polos traballadores da sede federal desta formación política que, despois de que unha administración de lotería lles regalara uns décimos polo gasto realizado polo partido en participacións deste sorteo, recibiron uns boletos que, para colmo de males, resultaron premiados.
O lío formouse porque ao resultar agraciados co Gordo da Lotería de Nadal a solidariedade socialista saltou pola fiestra tan pronto como os nenos de San Ildefonso cantaban os número do suculento premio. O “affaire”, que acabará nos xulgados, puxo de volta e media o concepto solidario dos implicados porque, ao coñecerse a existencia destes boletos premiados estalou a bronca entre os traballadores de Ferraz que lle reclamaban aos interfectos parte do premio recibido toda vez que había que substanciar si o agasallo do loteiro era privativo dos tres agraciados ou fora unha gratificación para repartir entre toda a plantilla por mor dos décimos vendidos para as agrupacións socialistas en todo o Estado e que foran canalizados desde aí.
En fin, penoso. Lamentable. Un espectáculo bochornoso, pero que pon ben ás claras o tipo de personas que se moven en torno á dirección desta formación política que se reclama herdeira de Pablo Iglesias, o ferrolán que fundou a UXT e o PSOE alá polos últimos anos do século XIX.
E agora, co comezo do ano 2017, asistimos a outro lío de moito calado. Resulta que estes días abriuse na rúa Ferraz un novo local que luce o puño e a rosa e tamén se reclama socialista, máis concretamente “Plataforma Recupera PSOE”, que estaría reclutando simpatizantes para o Partido Socialista que teñen auténticas dificultades para poder afiliarse á Agrupación Socialista de Madrid.
Ante esto o PSOE-Auténtico xa puxo o berro no ceo e anuncia que iniciará accións administrativas e xudiciais contra a plataforma “Recupera PSOE” por “usurpación da imaxe do partido” e das “súas siglas e os seus símbolos» na sede que abriron na rúa Ferraz de Madrid.
En fin, que como esto siga así e non se poña data rápidamente a ese congreso federal imos estar asistindo a un auténtico proceso de desmoronamento organizativo do Partido Socialista onde acabarán enfrontándose os partidarios dun PSOE xenuino frente a outro “auténtico”, ou non?

Na procura do auténtico...

Te puede interesar