No PSdeG, Blanco e en Europa...

Desde o novo reparto do poder municipal en Galicia que, grazas aos pactos tripartitos ou cuatripartitos, fixeron que moitos cabezas de lista socialistas acabaran (moitos deles sin crelo hoxendía) como alcaldes dos seus respectivos concellos, precipitou desde Bruxelas unha serie de invitacións para visitar as institucións europeas onde, por certo, aseguran que na gran maioría destas estancias o ex ministro e veciño estival de A Illa de Arousa, José Blanco, exerce de perfecto e sorrinte anfitrión.
Pepe Blanco, ademáis de amosar os disversos recursos financeiros que ofrece a Unión Europea para proxectos de interese xeral apadriñados polos concellos, leva aos novos próceres do municipalismo galego a facerse a foto de rigor no “Hall das Bandeiras” ou no hemiciclo parlamentario onde as súas señorías debaten asuntos de interse para toda a cidadanía europea.
Nesta última quenda tocoulles o turno aos alcaldes de Vilagarcía, A Illa e á alcaldesa de Cambados quenes, en medio dos últimos retoques dos seus respectivos orzamentos municipais, emprenderon viaxe a Bruxelas co fin de ver por onde poden arrimar a “ascua á súa sardiña” do financiamento europeo e lograr os cartos precisos para facer realidade os seus respectivos proxectos.
Pero volvendo ao que dicíamos ao principio sobre Pepe Blanco, ao parecer segundo os alcaldes socialistas que xa foron en ocasións anteriores, o lugués derrocha familiaridade e amabilidade camaraderil que choca enormemente cos últimos tempos do seu mandato a fronte do Ministerio de Fomento onde se caracterizaba por un rexio carácter e un xeito de gobernar con puño de ferro.
Hai quen di que o seu “exilio voluntario” en Europa vai chegando ao seu fin e que o salario que percibe da Eurocámara (un dos emolumentos máis substanciosos da actividade política no noso país) non sacian por completo a súa “vontade de servizo á cidadanía” polo que xa está a escoitar aqueles cantos de serea que en noites de espesa bruma chaman por el como substituto natural doutro oriundo da Terra do Nabo, Xosé Ramón Gómez Besteiro, quen non está a pasar polo seu mellor momento.
Ao parecer Blanco desexaría esgotar o que lle queda de lexislatura no Parlamento Europeo e volver en “olor de multitudes” tras unha previsible debacle socialista nos comicios autonómicos do outono (se non se fan coincidir coas eleccións xerais, inédito pero non descartable polo empurre que previsiblemente unha repetición electoral tería para os populares).
Aínda que Pepe Blanco, agobiado pola súa imputación (logo exculpado) no caso Campión, chegara a dicir aquelo de “apartade de min este cáliz” da política activa, sabemos que neste tema o máis doado é exercer de “sabios” e rectificar, ou non?Desde o novo reparto do poder municipal en Galicia que, grazas aos pactos tripartitos ou cuatripartitos, fixeron que moitos cabezas de lista socialistas acabaran (moitos deles sin crelo hoxendía) como alcaldes dos seus respectivos concellos, precipitou desde Bruxelas unha serie de invitacións para visitar as institucións europeas onde, por certo, aseguran que na gran maioría destas estancias o ex ministro e veciño estival de A Illa de Arousa, José Blanco, exerce de perfecto e sorrinte anfitrión.
Pepe Blanco, ademáis de amosar os disversos recursos financeiros que ofrece a Unión Europea para proxectos de interese xeral apadriñados polos concellos, leva aos novos próceres do municipalismo galego a facerse a foto de rigor no “Hall das Bandeiras” ou no hemiciclo parlamentario onde as súas señorías debaten asuntos de interse para toda a cidadanía europea.
Nesta última quenda tocoulles o turno aos alcaldes de Vilagarcía, A Illa e á alcaldesa de Cambados quenes, en medio dos últimos retoques dos seus respectivos orzamentos municipais, emprenderon viaxe a Bruxelas co fin de ver por onde poden arrimar a “ascua á súa sardiña” do financiamento europeo e lograr os cartos precisos para facer realidade os seus respectivos proxectos.
Pero volvendo ao que dicíamos ao principio sobre Pepe Blanco, ao parecer segundo os alcaldes socialistas que xa foron en ocasións anteriores, o lugués derrocha familiaridade e amabilidade camaraderil que choca enormemente cos últimos tempos do seu mandato a fronte do Ministerio de Fomento onde se caracterizaba por un rexio carácter e un xeito de gobernar con puño de ferro.
Hai quen di que o seu “exilio voluntario” en Europa vai chegando ao seu fin e que o salario que percibe da Eurocámara (un dos emolumentos máis substanciosos da actividade política no noso país) non sacian por completo a súa “vontade de servizo á cidadanía” polo que xa está a escoitar aqueles cantos de serea que en noites de espesa bruma chaman por el como substituto natural doutro oriundo da Terra do Nabo, Xosé Ramón Gómez Besteiro, quen non está a pasar polo seu mellor momento.
Ao parecer Blanco desexaría esgotar o que lle queda de lexislatura no Parlamento Europeo e volver en “olor de multitudes” tras unha previsible debacle socialista nos comicios autonómicos do outono (se non se fan coincidir coas eleccións xerais, inédito pero non descartable polo empurre que previsiblemente unha repetición electoral tería para os populares).
Aínda que Pepe Blanco, agobiado pola súa imputación (logo exculpado) no caso Campión, chegara a dicir aquelo de “apartade de min este cáliz” da política activa, sabemos que neste tema o máis doado é exercer de “sabios” e rectificar, ou non?

No PSdeG, Blanco e en Europa...

Te puede interesar