O frautista de... Ribeira

Leía onte con atención unha curiosa crónica de Chechu López, correspondente do Diario de Arousa na bisbarra do Barbanza, sobre a proliferación de ratas no casco urbán de Ribeira ante a extrañeza das autoridades municipais e a preocupación de veciños e comerciantes. A verdade é que, sin desmerecer para nada o traballo xornalístico do seu autor, que me consta que é un dos máis refutados e de mellor calidade dos que exercen esta bendita profesión na península barbanzá, quero reflexionar sobre o curioso do asunto.
Resulta que, tal e como se recolle na peza xornalística, a denuncia cidadá con testemuña gráfica e todo non acaba de implicar por completo aos responsables municipais na resolución do asunto. De feito, resulta aínda máis curioso observar como, entre incredulidade e extrañeza, os políticos locais aseguran estar dispostos a dar comezo a unha profunda investigación para determinar si a presenza dos roedores é máis ben puntual e ocasional ou si, pola contra, se trata dunha plaga desas bíblicas que na antiguedade se cebaban cos pobos impíos e desafiantes coa lei de Deus.
A verdade é tamén que este tipo de novas pareceran máis propias daqueles xornais decimonónicos cando a presenza de roedores en número extraordinario levantaban o revó e sembraban a alarma entre os residentes das vilas galegas que de agora, en pleno século XXI, pero parece que algúns problemas repítense de xeito cíclico e intemporal.
Agardemos que as cousas de “palacio” non vaian despacio e se poida resolver este misterio que trae pola rúa da amargura a propios e extraños nun municipio como o de Ribeira que non só por cuestións de índole sanitario senón de imaxe turística ten que estar punta en branco. E, si para elo hai que facer un investimento no control de plagas a través da contratación dalgunha que outra empresa das que operan nos distintos concellos que compoñen a bisbarra arousá, pois fágase.
Desde logo a fotografía pu blicada por Diario de Arousa deixa ás claras que os exemplares que campan ás súas anchas polas rúas de Ribeira son merecedores dunha ampla reportaxe de canles de televisión de pago como “Discovery Channel” ou o “National Geographic”, por poñer dous exemplos.
En fin, señores responsables da “cousa pública” en Ribeira, que si non están dispostos a gastar cartos en contratar calquera destas empresas poden chamar ao mítico frautista de Hamelin para que facendo soar os seus acordes engaiolantes poda determinar o grao de infestación de ratas existente en Ribeira e, por que non, conducilas ao seu exterminio, ou non?

O frautista de... Ribeira

Te puede interesar