Outra alternativa para o noso monte...

esde hai uns poucos anos para aquí estanse pondo en marcha novas alternativas para o monte galego nas distintas comarcas bañadas pola ría de Arousa que teñen unha climatoloxía especialmente suave, como acreditan os excelentes caldos producidos polas viñas e a súa alta produtividade. Estas alternativas pretenden ser unha opción diferente á habitual de aproveitamento forestal para emprender iniciativas innovadora ou polo menos distintas do existente.
Unha destas iniciativas teñen moito que ver coa recuperación da plantación e explotación dos olivos en Galicia a través da introdución de diversas especies, sobre todo italianas ou mesmo portuguesas, e que pouco a pouco van dando os seus froitos con pequenos retrocesos como os deste ano onde parece que a colleita estancouse pola presenza de xiadas e choivas nos momentos de floración que impediron unha axeitada polinización das árbores establecidas na nosa contorna.
O aumento paulatino do prezo do aceite e unha plaga que afecta de xeito voraz aos olivos de Italia, principal produtor mundial neste sector, fan que vaian gañando adeptos aquelas comunidades de montes e propietarios particulares que fixan na prantación de olivos unha das súa alternativas para o sector agroforestal galego.
Os resultados non son malos e son bastante esperanzadores a xulgar polo que comentan os que entenden do sector e os ratios de rendabilidade que se están obtendo nas prantacións galegas onde din que a produtividade é óptima a partir dos sete anos aínda que nalgúns casos se teñen rexistrado resultados positivo incluso antes.
O que está claro é que o monte galego ten moitas posibilidades de reinventarse pola súa alta produtividade e xa non resulta rendible o monocultivo de eucaliptos ou piñeiros polo baixo prezo da súa madeira, a incidencia dos incendios forestais que de xeito reiterado e reincidente acaban convertendo nunha auténtica ruleta rusa os investimentos feitos.
Outro camiño se está a abrir en Galicia tamén a través do cultivo de castiñeiros e o fomento de espazos adicados a cogumelos comestibles abrindo toda unha serie de posibilidades para o autoemprego de familias e emprendedores que atopan neste mercado, non so fóra senón que cada vez máis en Galicia e en España un nicho importante onde incidir dun xeito económico.
A biodiversidade e a capacidade produtiva dos nosos montes é unha xoia que ao longo dos tempos serviu á nosa sociedade para saír adiante ben sexa como remanente para botar man en caso de necesidade ou, como agora, como elemento emprendedor de futuro. Galicia é unha superpotencia so fai falla poñela en valor dun xeito harmónico e positivo, ou non?

Outra alternativa para o noso monte...

Te puede interesar