Outra pataca quente para Alberto Varela

CuUnha vez pasadas as eleccións xerais todo tenta volver á normalidade dun xeito paulatino e sin estridencias.  Así, a Dirección Xeral de Comercio resolveu autorizar a instalación dunha grande superficie nos apetecibles terreos de Megasa tras “verificar o cumprimento de tódolos requisitos urbanísticos, medioambientais e de accesibilidade esixidos pola normativa vixente”. Esta decisión, que deixa franco o camiño para o presumible desembarco de Alcampo en Vilagarcía, conta ademais co informe favorable da Comisión Consultiva do Comité Executivo de Comercio Interior, no que están representados a Xunta, o Fegamp e o Consello Galego de Consumidores e Usuarios.
Técnicamente falando, superado este escollo, agora terá que ser o Concello de Vilagarcía o que decida sobre a apertura ou non deste polémico proxecto que conta coa oposición dos comerciantes e dos grupos políticos de esquerdas no municipio arousán.
Desde logo unha auténtica pataca quente que lle pasa a Xunta ao goberno municipal liderado por Alberto Varela que terá que lidiar cun touro de complicada faena posto que aínda que, sen dúbida, o proxecto cumprirá escrupulosamente coa normativa vixente conta cunha oposición moi forte que pode aplicarlle un severo castigo ao rexedor socialista.
Ampararse no respecto á normativa non vai ser suficiente para convencer ao maltreito comercio local de que o  Concello non se pode opor a otorgar a licencia que, presumiblemente, reclamará Alcampo, pero tamén non é menos certo que o resultado electoral colleitado polos socialistas en Vilagarcía está moi ligado ás clases medias, aos autónomos e ao pequeno comercio que ven como unha ameaza a implantación dunha nova área comercial con interese fagocitante sobre os hábitos de consumo da capital arousá.
Difícil papeleta ten sobre a mesa Varela cando, ademais da debilidade numérica do seu gabinete, ten que neutralizar un novo torpedo que vai dirixido á liña de flotación da gobernabilidade da capital arousá a menos que, seguindo a senda do entendemento dos últimos tempos, se poña de moda o novo estilo Rajoy “Große Koalition” ou “Gran Coalición” de Angela Merkel e veña de novo Tomás Fole a darlle o balón de osíxeno que lle negarán os seus teóricos aliados naturais como Esquerda Unida ou o BNG, moi comprometidos na loita contra a instalación de grandes superficies. En fin, que o 2015 se despide con inestabilidade política a nivel estatal, coa incertidume sobre o futuro de Artur Mas, con Gonzalo Durán tomando o turrón no sillón da Mancomunidade do Salnés e con Alberto Varela desfollando a margarida do centro comercial de Megasa nun fin de ano movidiño, ou non? Feliz Aninovo 2016.

Outra pataca quente para Alberto Varela

Te puede interesar