A pandemia no centenario de Luces de Bohemia...

Nos tempos do Covid-19 mentras España se debate por evitar a toda costa un novo confinamento aínda que eso poida acabar cunha nova declaración do “Estado de Alarma” como paso previo a instauración do “Toque de Queda”, Arousa asiste impávida a esa escea envolta nos acontecimentos que rodean a homenaxe que anualmente o Concello de Vilanova brinda ao mestre das letras Ramón María del Valle-Inclán en plena conmemoración do centenario da publicación da súa maxistral obra de teatro “Luces de Bohemia”.

Precisamente os que tivemos a sorte de coñecer, como lectura obrigatoria de bacharelato (sen resumos, nen aproximacións, senón o libro en toda a súa extensión que, neste caso non era moita), esta obra do dramaturgo arousán seguimos con especial interese e paralelismo o desenrolo desta pandemia, moitas veces co escepticismo do que facía gala Max Estrella e coa prudencia que nos deparan as ocurrencias dos políticos que ocupan postos de responsabilidade nesto da toma de decisións ante o Covid-19.

Así, mentras se prohíben actos públicos e privados con máis de dez persoas vemos, con asombro, como seguen celebrándose misas con aforos que non superan o 75% do espazo habilitado nos templos, pero que superan ampliamente a cifra estipulada polas autoridades sanitarias da decena de participantes. Por outra banda, vemos tamén como podemos ser obxecto de sanción polo non uso da máscara ou non respectar o distanciamento social, pero pola contra observamos como os estudiantes que fan o traxecto ferroviario a Santiago de Compostela pode ir apiñados sin que ninguén diga nada e dando como un feito natural que esto suceda porque sempre foi así…

No caso das igrexas, o ínclito e retranqueiro Max Estrella tería na punta dos seus beizos a resposta doada e rápida: “Están protexidos pola man de Deus…” remarcando en toda a súa extensión o seu carácter agnóstico cando non ateo. No caso dos trens ateigados de pasaxeiros mozos, quizais aduciría algo así como que o espírito da antiga Renfe actúa de manto protector fronte aos novos usuarios do Adif.En resumidas contas, que si alguén se pregunta porque os efectos da pandemia en España son diferentes a outros lugares debería botar un vistazo aos comportamentos e á normativa aprobada polos nosos responsables políticos e quizáis aí atoparan unha boa pista de porque as cousas van como van, ou non?

A pandemia no centenario de Luces de Bohemia...

Te puede interesar