Pedro e o concepto de nación...

Os medios de comunicación fanse eco, parecera que dun xeito sorprendente, sobre o feito de que Pedro Sánchez, secretario xeral do PSOE, recoñeza a estas alturas do belén que no Estado Español, coexisten varias nacións que son “como mínimo” España, Cataluña, País Basco e Galicia. En fin, o descubrimento da pólvora.
Se acudimos á definición clásica veremos que o Estado é un concepto que se refire á organización política que integra a unha poboación nun territorio baixo unha mesma autoridade. Mentres que o concepto de nación céntrase sobre o feito diferencial, histórico, cultural e incluso afectivo, que fai referencia ao conxunto de persoas que teñen en común unha lingua, unha historia, unha cultura, un conxunto de tradicións e, se pode ser, tamén unha terra propia.
Así, pois, o Estado é unha forma de organización política, un instrumento baixo o cal se cohesiona a poboación dun territorio ordenado por unha autoridade e leis comúns, que se caracteriza por ostentar un poder soberano e independente. Neste sentido, refírese á unidade política que constitúe un país ou ao seu territorio.
O de Estado é un concepto xurídico e político que se refire á soberanía social, económica e política que detenta o conxunto de institucións (poderes e órganos de goberno) que regulan a vida dunha comunidade nun territorio delimitado por fronteiras mentras que moitas son as nacións en pobos existentes sin unha configuración clara como Estado e, ás probas me remito…
Esta realidade vislúmbrase periódicamente no Partido Socialista desde a súa fundación hai máis de 100 anos, pero que por cuestións de oportunidade política ou de conveniencia soe quedar nun segundo plano. Agora volve saír á palestra como fórmula para rendabilizar dalgún xeito o guirigai montado co proceso soberanista catalán que vai, si ninguén o impide, cara a un choque de trens irremediable de aquí a menos dun mes.
A “revelación” feita por Pedro Sánchez non tería maior trascendencia se non fora porque volve poñer de manifesto a necesidade de reformula-la Constitución e atopar un acomodo político á realidade das nacións sin estado cuxo problema foi resolto por outros países hai moitos anos a través de estruturas político-administrativas federais, outras confederais ou, aínda que con certa obsolescencia dunha caduca Transición, pola chamada “España das Autonomías”.Parece que aos socialistas, novamente na oposición, lles convén resucitar o seu vello ideario de esquerdas que falaba de España como dunha república federal, argumentario que neste momento pode servir para reconquistar posicións e electorado perdido. Pero, pregúntome eu: Esto de chamarlle ao pan, pan e ao viño, viño cando lle vai durar, ou non?

Pedro e o concepto de nación...

Te puede interesar