O peso de Arousa ante unhas novas eleccións autonómicas

Ao final pudo máis a presión do entorno e o que está a suceder no resto do Estado que os desexos do presidente Feijóo de exprimir ata a derradeira pinga esta lexislatura e optou finalmente por convocar eleccións autonómicas para o 5 de abril en coincidencia coas do País Vasco.

Moitas son as cábalas que se fan arredor desta data. Uns, que favorece os intereses do Partido Popular outros, pola contra, din que Feijóo desta deixouse levar polo hastío e o fartazgo e decidiu “aplicar unha eutanasia” ás maiorías absolutas en España ao non deixar que se prolongara a lexislatura ata o final dando tempo a que se coñeceran mellor as consecuencias dun “goberno débil e condicionado polos populismos e os independentistas”. En fin… que nestas cousas so se saberá si acertou o estivo errada na súa decisión o mesmo domingo electoral, a partir das 22:30 horas onde xa estarán as fabas contadas.

E que pasará en Arousa? Na nosa comarca as augas baixan revoltas no PP desde as pasadas eleccións municipais onde os malos resultados para esta formación política, sen paliativos, son a tónica dominante nunha comarca que foi, ata ben pouco, o graneiro de votos dos populares pasando de contar con 8 das 9 alcaldías a ter so 2, se consideramos a situación especial do concello de Meaño.

Como influirá esto na confección de listas electorais? No PSOE parece que manter un representante polo Salnés é algo que todo o mundo dá por descontado, contando coa disponibilidade do xoven deputado vilagarcián Julio Torrado. A veterana nacionalista Montse Prado é doado que volva recuncar en postos de saída toda vez que o BNG vai vento en popa a toda vela da man de Ana Pontón e que a “Marea” está revolta o que provocará que a forza centrífuga do voto “radical” acabe tamén nas urnas galeguistas ou na casa.

Pero que pasará no seo do PP? Ata agora tiña dous deputados da comarca na Cámara galega. Trátase da vilagarciá Marta Rodríguez Arias e da cambadesa Rosa Oubiña, quen accedera ao Parlamento galego en 2018 en substitución do ex alcalde de Cerdedo, José Balseiros.

Nun contexto de baixada de respaldo electoral na comarca e nun clima de grave enfrontamento interno como había anos que non se producía e que polariza a acción política na Mancomunidade con dúas posturas antagónicas (Gonzalo Durán contra o resto) abre unha gran incógnita sobre a defensa do tradicional peso político do Salnés nas listas electorais provinciais.

Nesta ocasión o principal valedor popular dos intereses electorais da comarca descansan sobre as costas do secretario xeral provincial, José Manuel Cores Tourís, que terá que manter a presión para que O Salnés, pese ás dificultades, non perda comba, ou non?

O peso de Arousa ante unhas novas eleccións autonómicas

Te puede interesar