Pola vía da colaboración institucional

ada vez que se pon en marcha unha nova infraestrutura en Arousa é motivo de ledicia e satisfación para os actores principais que impulsaron o investimento, pero tamén para toda a poboación á que vai dirixido este novo recurso que se pon en funcionamento. Así sucede coa inauguración da Vía Verde entre os concellos de Portas, Caldas de Reis e Vilagarcía de Arousa e que vén a significar unha nova oportunidade para diversifica-lo turismo nesta comarca arousá así como para poñer en valor un espazo que corría un serio risco de degradación, unha vez abandonado por Adif o seu uso como vial ferroviario.
O certo é que unha longa e tortuosa tramitación permitiu, grazas ao impulso que os distintos responsables políticos destes tres concellos, que se puidera lograr un novo recurso que sirva de polo de atracción turística para O Salnés, complementando ás sendas peonís máis transitadas como a Variante Espiritual do Camiño Xacobeo e a Ruta da Pedra e da Auga, no triángulo descrito polos concellos de Meis, Ribadumia e Meaño.
Pero detrás desta inauguración hai moito traballo e esforzo investido en convencer a moitos estamentos e institucións da necesidade de afrontar un proxecto tan ambicioso e necesario como a Vía Verde que substituíra ás obsoletas e abandonadas vías do ferrocarril que trouxeron no seu día futuro e prosperidade a estas terras e que agora, nesta nova modalidade, agárdase que o sigan facendo da man do turismo verde e sostible.
Para que esta Vía Verde, a primeira das que de seguro se crearán en Galicia tra-la entrada en funcionamento dos novos traxectos do AVE, conséguese a base da colaboración institucional entre concellos e administracións de diferente signo político poñendo por diante de calquera outro interese partidista a lóxica e o sentido común para impulsar un proxecto que agora vai tomando visos de realidade despois dos grandes atrancos e dificultades coas que foi nacendo no seu momento e que da man das mobilizacións cidadáns, das xustas reivindicacións dos pobos e dos respectivos representantes políticos nas administracións locais foron quen de facerse escoitar en Madrid e de superar pola vía do convencemento ás estruturas pechadas de ministerios e mesmo do Adif, non sempre sensible ás propostas cidadás.
Ben está o que ben remata e agora o que é preciso é que se use a Vía Verde, se patee e se transmita a súa beleza de boca a orella e, a través dun compromiso institucional, se engada aos múltiples atractivos turísticos do Salnés e serva de abondamento no irmandamento entre os pobos de Portas, Caldas e Vilagarcía pola vía do entendemento e a colaboración de todos e todas, ou non?

Pola vía da colaboración institucional

Te puede interesar