A polo turismo de cruceiros...

verdade é que nunca chove a gusto de todos e menos si formas parte dun cruceiro que fai escala en Vilagarcía e comprobas que non deixa de chover e que é certo aquelo de que en Galicia a choiva é arte. Nembargantes, sen dúbida, tamén forma parte dunha das oportunidades para reivindicar á Ría de Arousa como parada obrigada dentro de Galicia como destino xeoestratéxico, sobre todo ás portas da celebración do Xacobeo 2021 onde todos temos que estar xa preparados ou, polo menos, temos que ter unha estratexia para aproveitar ao máximo a previsible onda de visitantes que se agardan na nosa terra.
Digo esto pola chegada espectacular á rada vilagarciá do cruceiro “Artania”, o barco destas características de maior eslora (230 metros) e con máis pasaxeiros a bordo (850) que recalou ata o momento na capital arousá. O récord ostentábao ata a data o buque “Albatros”, cunha escala realizada no ano 2001 que trouxo a Vilagarcía a 800 cruceiristas.
Aínda que nestes días o tempo metereolóxico non axuda en nada a promocionar a Ría de Arousa como destino turístico si que é unha boa oportunidade para reivindicarse dentro da pasaxe como lugar a visitar con tempo e calma e non, como agora, durante escasas horas, dentro dunha singladura de 17 días e como porto de desembarque para trasladarse cara Santiago de Compostela e contempla-las marabillas catedralicias.
O certo é que bótase en falla unha política turística transversal que aúne esforzos da Xunta, Deputación, Mancomunidade, concellos e mesmo do porto vilagarcián para ofrecer ás operadoras un paquete atractivo todo o ano que permita ao visitante levarse como referencia da súa estadía non so “un punto de atraque” no que tomar uns autobuses cara á capital de Galicia senón ser quen de “vender” a quen nos visita todo un abano de posibilidades que inclúan, nun momento de desestacionalización turística, ofertas de turismo cultural e arquitectónico, turismo verde e tamén relixioso, ademais do consabido enolóxico e gastronómico sen esquecer o etnográfico e praieiro.
Temos que aproveitar tódalas oportunidades que se nos presenten de tal xeito que, como neste caso que foron turistas xermanos, fagan de embaixadores nos seus lugares de orixe das belezas e posibilidades do turismo arousán facendo desta actividade un auténtico valor engadido turístico e evitemos deste xeito que aqueles que nos visiten se leven unha errada imaxe da comarca arousá convertida en moitas ocasións nun mero “apeadeiro” para cruceiristas que teñen como meta contemplar un dos lugares de peregrinación da cristiandade como é Santiago de Compostela, ou non?

A polo turismo de cruceiros...

Te puede interesar