Previr antes que lamentar...

Despois do sucedido na celebración do “Marisquiño”, en Vigo, estamos situados fronte a un antes e un despois no referido á celebración de eventos festivos multitudinarios sobre todo relacionados co mundo do espectáculo e as grandes citas musicais. Ao final, afortunadamente, a gravidade do incidente non acadou o cualificativo de “mortal”, aínda que hai varias persoas hospitalizadas, algunha delas con pronóstico reservado e outras graves.
No noso país somos máis dados a lamentar que a previr e, tamén hai que dicilo, ás veces os requisitos burocráticos teñen máis de formalización engorrosa que de elemento de incentivo á seguridade de calquera espectáculo por pequeno que sexa provocando, por desgraza, o efecto contrario ao desexado e en lugar de servir como mecanismo de prevención se vexa como un obstáculo a sortear de calqueira forma posible.
De tódolos xeitos, no tema do accidente do “Marisquiño”, estamos asistindo a un espectáculo bochornoso protagonizado por dúas administracións de signo político distinto, e enfrontado, que non deixan de se pasar a pelota da responsabilidade sobre a orixe do problema que non é outro que o mal estado no que, ao parecer, se atopaban as infraestruturas sobre as que se ubicaba o público asistente ao concerto do rapeiro mallorquín Rels B.
Volvemos estar ante unha situación que, polo seu dramatismo, expresa fielmente o que pasa no modelo democrático do noso país, moi distinto doutros do norte de Europa aos que deberiamos mirar de cando en vez, e que revela ás claras como o enfrontamento político-competencial entre dúas institucións (Concello de Vigo e Autoridade Portuaria, neste caso) fai que “quede a casa sen barrer” e dea como resultado máis de 400 feridos de diversa consideración porque unha infraestrutura para uso civil se colapse e provoque un número tan alto de vitimas.
A filosofía da procura do ben común e dos principios deontolóxicos que deberían rexir a política orientados a acadar o mellor para os administrados se transforma nunha loita sin cuartel, onde todo vale, con tal de acadar uns obxetivos: a mellora da calidade de vida dos cidadáns? Non, perxudicar ao contrario para que abandone o poder ou non chegue a ocupalo… Un auténtico despropósito.
Cando se fala da rexeración democrática no noso país, da necesidade de que o cidadán recupere a confianza nas institucións e nos seus representantes públicos (si algunha vez a tivo) pasa precisamente por mudar de modelo de comportamento dos nosos responsables políticos para que o obxectivo sexa o progreso social do ser humano e a defensa do ben común, ou non?

Previr antes que lamentar...

Te puede interesar