Rajoy, o previsible...

Unha das virtudes ou defectos de Mariano Rajoy, da que el máis presume, é de que é unha persoa predecible. Asegura que el sempre fai o que hai que facer polo que, guiándonos polo seu criterio, utilizando a lóxica podemos adiviñar o próximo movemento do presidente do Partido Popular.
Pero ás veces non é así e as circunstancias cambian provocando unha inusitada sorpresa entre propios e estranos. Algo parecido debeu suceder durante esta ponte do Día da Patria Galega cando o presidente do goberno español en funcións emprendeu a súa tradicional marcha pola Ruta da Pedra e da Auga, xunto á Armenteira, no concello de Meis e non cumprimiu cun dos seus ritos habituais como é o de almorzar no bar existente xunto á “catedral pétrea” do Salnés.
O efecto sorpresa que orixinan os cambios protagonizados das persoas previsibles aumenta exponencialmente a súa incidencia sobre o público espectador, provocando un efecto multiplicador co seu xesto. Así, agora que estamos na recta final das consultas monárquicas para propor a un candidato a presidente do goberno non lle estrane a ninguén que poda acabar como hai uns meses, é dicir, con Rajoy de novo no “cuarto da saúde” e Pedro Sánchez e Pablo Iglesias soñando con reeditar un pacto non-nato e imposible.
De feito os mentideiros máis próximos ao presidente do PP xa están aventando, a diestro e siniestro, a posibilidade de dar crédito a o vello dito de que “non hai dous sin tres” e como non haxa colaboración necesaria, como parece que non a hai de todo en Cidadáns e no PSOE, os galegos e españois volveremos pasar polas urnas antes de que remate este ano postergando a creación dun goberno do Estado polo menos ata o Nadal ou o Aninovo.
En fin, desconfiemos da previsibilidade dun político cando está en xogo a súa propia supervivencia persoal polo que, ao igual que os compañeiros da prensa gráfica e escrita que agardaban que Mariano Rajoy fora a almorzar ao bar da Armenteira, non vaia ser que asistamos a un novo “bodevil” no que un bo grupo de deputados e senadores, con apenas seis meses de “servizo público” vaian atesourando dereitos constitucionais a ter unha xubilación de ouro que, ao fin e ao cabo é o que conta, ou non?

Rajoy, o previsible...

Te puede interesar