Rebelión nas aulas no tempo do Covid-19

an pasando os días deste verán atípico non so pola presenza do Covid-19 senón tamén pola persistencia do mal tempo con previsións metereolóxicas que incluso ameazan con prolonga-las choivas ata finais desta semana, con ameaza de cicloxénese explosiva inclusive, facendo bo aquel vello dito que reza: “Pola Peregrina, inverno encima”…
O certo é que vaise esgotando o mes de agosto e aproxímanse as datas nas que debe recomezar un novo curso académico que dea continuidade á formación regrada dos nosos mozos e mozas en tempos da pandemia. Pese a que o pasado exercizo rematou de xeito abrupto e de maneira imprevista, o paso do tempo non nos fixo gañar en previsión e consenso para ver como se vai desenrolar a formación académica das novas xeracións en convivencia co Covid-19 senón todo o contrario.
As organizacións sindicais xa se apuraron a esixir a contratación dun maior número de mestres e profesores ata acadar cifras que non digo que non serían desexables, pero pouco asumibles por unha administración ameazada por unha cada vez máis clara diminución da súa capacidade recaudatoria e, polo tanto, de poder dispor dos recursos económicos que poidan levar a cabo tan ansiado e non digo menos desexado incremento de plantilla.
Por outra banda, os poucos protocolos sanitarios que levan trascendidos á opinión pública fan casi inviable ou imposible que se poidan executar á perfección sobre todo cando o factor fundamental da posta en marcha dos mesmos son nenos e nenas que terán grandes dificultades para seguir dun xeito disciplinado unhas pautas demasiado rigurosas incluso para sociedades máis acostumadas á homoxeneidade no seu comportamento, como poden ser as de países orientais.
Estando así as cousas, as comunidades autónomas fían o protocolo da volta ás clases ao Goberno central e este, como ven sendo habitual nos últimos tempos, aduce o modelo de Estado descentralizado que impera en España para dicir que son as autonomías as que gozan das competencias e a responsabilidade de implantar un modelo a seguir…
Polo tanto seguimos, tanto os pais e nais como a comunidade educativa, pendentes de que un bo día (na véspera do inicio das clases) que chegue unha resolución (ou ocurrencia) dalgún responsable administrativo e dea a orde definitiva, que seguramente non será  a maís acaída e menos aínda consensuada porque aquí, coma sempre, se trata de escurri-lo bulto e a responsabilidade e quedar a cuberto, no burladeiro, esperando a ver quen se decide a poñerlle o cascabel ao gato, ou non?

Rebelión nas aulas no tempo do Covid-19

Te puede interesar