• Sábado, 22 de Septiembre de 2018

A resaca...

O resultado das pasadas eleccións autonómicas non deixan

O resultado das pasadas eleccións autonómicas non deixan de pasar factura a gran parte das formacións políticas participantes, a modo de resaca. Si o PPdeG vive, pese á falla de concreción para a investidura de Rajoy, nun dos seus momentos máis doces en Galicia coa terceira maioría absoluta de Núñez Feijóo, non podemos dicir o mesmo do PSdeG-PSOE, sumido nunha loita fatricida marcada polo seu particular proceso de implosión; nin de En Marea, que sigue sin ter claro o seu rumbo.
No caso de En Marea, a resaca electoral está deixando a descuberto unha realidade que tentan camuflar tra-lo suposto éxito (14 deputados e sorpasso incluído aos socialistas) e que precisa dun profundo análise do cal se derivan varias cuestións:
1ª) A representación acadada polos distintos partidos políticos que impulsaron a formación de En Marea dista moito de corresponder co aporte inicial dos mesmos. É dicir, Esquerda Unida e Anova teñen menos deputados dos que cabería esperar.
2ª) As primarias celebradas para dar cabida a Podemos, e evitar a aparición dunha nova candidatura na esquerda que pudera debilitar aínda máis as opcións a favor da oposición para derrubar a Feijóo, evidenciou que mentras Esquerda Unida e Anova puxeron os cadros organizativos, Podemos mobilizou aos seus militantes e simpatizantes para levarse os primeiros postos das listas. Ao principio non pareceu importar porque todos ían remar no mesmo barco e na mesma dirección, pero agora soplan desde Podemos outros ventos… E os que quedaron ás portas do Hórreo foron precisamente militantes moi cualificados de EU e Anova.
3ª) Así, deputados con experiencia acreditada e solvencia parlamentaria como o vilagarcián de Esquerda Unida Juan Fajardo quedaron compostos e sen escano tendo que asumir a súa cesantía política, precisamente nun momento onde todo o mundo parece poñerlle a proa e con difícil acomodo laboral e sindical a curto e medio prazo.
4ª) A cara de satisfacción de Luis Villares na noite electoral non era a de Xosé Manuel Beiras que, circunspecto, facía auténticos esforzos por arquealos seus beizos para evidenciar ante as cámaras a súa “satisfacción” polos resultados, coñecedor o vello político de que a bisoñez  da nova tropa parlamentaria de En Marea vai ser un auténtico “handicap” e que vannos papar con patacas deputadas da talla de Ana Pontón ou a cambadesa Montse Prado.
En fin, que en En Marea imos a asistir, a curto ou medio prazo, a un novo espectáculo que vai provocar o pase ao grupo mixto de un bo número dos seus actuais parlamentarios porque cando non hai fariña todo é riña, ou non?