Un San Xoán mermado polo Covid-19

Aínda que as autoridades sanitarias e gubernativas se empeñen en decreta-la “nova normalidade” o que está claro é que mentras as festas non se poidan celebrar como é tradición en Galicia teremos unha eiva difícil de superar. Para proba un botón. E así temos un test axeitado na celebración da Noite de San Xoán, data especialmente marcada pola transgresión (nalgúns tempos incluso máis que o propio entroido) e que agora deberá estar suxeita á prudencia e ao control en lugar de vernos sometidos á influencia desafiante do solsticio de verán onde prende-lo lume purificador se convirte nunha alegoría nas nosas vidas.

Así, o pequeno rebrote do Covid-19 na Pobra do Caramiñal e en Ribeira, ligado ao regreso desde Brasil dos nosos emigrantes, acabou por soterrar as poucas esperanzas de normalidade festiva que tiñan os veciños e veciñas do Barbanza.

A celebración da Noite de San Xoán será unha auténtica proba de fogo da sensación colectiva que a cidadanía ten con respecto a dribla-lo coronavirus despois de máis de tres meses de loita intensa a través do confinamento e unha apertura máis que desexada por todo o mundo, convencido de que por nada do mundo quere corre-lo risco de volver atrás.

Outra proba importante será a previsible chegada de visitantes doutras partes do Estado Español onde os estudios de seroprevalencia do Covid-19 arroxan niveis moitos máis altos que os de Galicia e que farán que teñamos que convivir, polo menos durante estes dous vindeiros meses de xullo e agosto, con persoas provintes non so doutras comunidades autónomas senón tamén de países como Alemania, Italia ou Gran Bretaña, no caso europeo, onde xa se están a manifestar pequenos brotes da enfermidade.

Non podemos tampouco esquecer o retorno dos nosos emigrantes de México ou Brasil, fundamentalmente, que porán a proba o noso sistema inmunolóxico e as medidas de prevención baseadas no distanciamento social, o uso do famoso xel hidroalcólico e as mascarillas, onde proceda.

Desde logo estamos vivindo unha auténtica “nova realidade” inédita da que non podemos dicir, a priori, que veña con “normalidade”, pero desde logo vainos permitir comprobar o nivel de resistencia e capacidade de autoinmunizarnos ou, máis ben, autoprotexernos ante situacións de risco para as que despois de tres meses xa deberiamos ter a lección máis que aprendida porque ninguén quere, e menos as autoridades deste país, que teñamos que volver ao confinamento personal e económico, ou non?

Un San Xoán mermado polo Covid-19

Te puede interesar