Sanxenxo é azul...

Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC) fixo pública a relación de prais e portos que lucirán este verán o distintivo de calidade da Bandeira Azul onde Sanxenxo non fallou ás súas expectativas e volve a conseguir 13 recoñecementos europeos aos seus areais convertíndose deste xeito no concello de Galicia que máis ten e un dos primeiros de España.
Un total de 55 bandeiras azuis ondearán nos mástiles dos areais da provincia de Pontevedra,  incluido o da praia fluvial da Calzada, no concello de Ponte Caldelas a cal tamén dispón dun sendeiro azul circular duns oito quilómetros polas beiras do río Verdugo.

O éxito da calidade das augas e dos servizos que prestan os principais areais da provincia de Pontevedra é un feito que queda reseñado e refrendado coa concesión destas esixentes distincións que levan aparelladas unha serie de obrigas para evitar que durante o periodo estival podan ser arriadas, tras unha minuciosa inspección por parte de ADEAC, e ao mesmo tempo é un compromiso co turismo desenvolvido e harmónico co medio ambiente.
Nas comarcas arousás a cuestión non é o turismo estival senón precisamente desestacionalizalo e poder manter un recurso económico non só durante tres ou catro meses ao ano senón tentar estirar ao máximo ás posibilidades que ten o noso entorno para un aproveitamento sostible dun dos recursos inesgotables, si é que sabemos explotalo con cabeza, racionalidade e posibilidades. 

Desde a Mancomunidade do Salnés e tamén Arousa Norte son ben conscientes desta cuestión, pero a súa preocupación mediática céntrase en competir con outros destinos de sol e praia, nun campo no que, aínda que temos importantes bazas, non é precisamente onde nos movemos con especial fluidez.

O turismo verde, o gastronómico, o de experiencia… quizais sexan os paos que faltan todavía por explotar aínda que tamén hai que salientar como importante o esforzo por capitalizar parte do Xacobeo coa Ruta do Mar de Arousa e, especialmente, coa Variante Espiritual, unha idea inxeniosa que está a dar xa os seus froitos e que é tamén obxecto dunha das promocións internacionais máis senlleiras a través da presenza enforos turísticos de prestixio como Fitur ou no procura de nichos de mercado no norte de Europa, Rusia e tamén nos países emerxentes de Oriente, ou non?

Sanxenxo é azul...

Te puede interesar