• Lunes, 24 de Septiembre de 2018

Si vas a Madrid Tomás...

No Pleno que celebrará a Corporación Municipal de Vilagarcía, mañá xoves

No Pleno que celebrará a Corporación Municipal de Vilagarcía, mañá xoves, escenificarase o fin dunha época na política local coa renuncia do ex alcalde Tomás Fole Díaz como concelleiro e a súa marcha definitiva a Madrid onde exerce como deputado no Congreso onde, por certo, tivo unha relevante intervención no transcurso do rifirafe producido no Parlamento pola cuestión da deriva soberanista catalá con Mariano Rajoy e Gabriel Rufián como protagonistas.
Parece que foi onte, cando no ano 2003 Tomás Fole irrumpía no panorama político local para substituir ao malogrado Miguel Ángel González, vítima dunha sobrevida afección coronaria que acabou coa súa vida dun xeito fulminante e totalmente imprevisible. Unha mágoa!
Desde a súa chegada á política, Fole reivindicou o papel de Vilagarcía e a débeda que, segundo el, tiña o Partido Popular coa terceira cidade da provincia, en canto a número de habitantes, e sempre que tiña ocasión poñía enriba da mesa esa eterna petición.
Co paso do tempo, e a necesidade de unir ao centro-dereita e satisfacer tamén a demanda de Rivera Mallo de “ser reparado” axeitadamente na súa honra por ter sufrido un perxuizo polas “purgas” realizadas na súa persoa por outro político falecido por cuestións coronarias, Xosé Cuíña Crespo; a dirección do Partido Popular atopou a “comprensión necesaria” para promover ao ex alcalde e ex presidente do Porto a ocupar un escano no Senado e a deixar o camiño expedito para que Tomás Fole pudera ocupar o sillón de Ravella, longamente perseguido polos populares arousáns e provinciais ata tal punto de converterse o tema casi nun “asunto de estado”, sendo esta a solución demandada polo Zorro de Cornazo e insistentemente apoiada e solicitada por Fole Díaz para poñer data e punto final á unha auténtica pedra no camiño: IVIL, sempre pendente de resurrección...
Agora prodúcese outra renovación que ten como protagonista biolóxico-político a Tomás Fole, con Rivera Mallo xa no seu camiño de volta e coa intención de resarcir na súa persoa esa débeda histórica que, segundo o agora ex concelleiro, o PP tiña sempre con Vilagarcía. 
Desde hai un ano que debería terse saldado xa coas súas pousadeiras sentadas nun dos escanos da Carreira de San Xerónimo. Din que non é malo ter un desexo, pero hai que ter coidado cando se cumpre sobre todo por aquello de “quen marchou a Sevilla, perdeu a silla”, ou non?