O síndrome Rajoy

Hai unhas décadas calquera fenómeno que se producía era materia de estudio de calquera investigador social ou científico e acababa dando como resultado a aparición dalgún síndrome que rápidamente se bautizaba co nome máis rocambolesco ou difícil de pronunciar para darlle maior caché ao invento.
En materia sociolóxica ou política, Mariano Rajoy ben merece un estudio en profundidade que, de seguro, acabaría na regulamentación dun síndrome que acabaría levando o seu nome. Se non, que me expliquen a min o empecinamento que ten o presidente do Partido Popular en meterse en todo canto charco atopa ao seu paso no momento máis inoporturno.
Rajoy ten que facerseo ver. Cando resulta elixido a dedo para substituir a Aznar en pleno apoxeo do Partido Popular, ocorre o do Prestige e é o encargado de ter que explicar a teoría dos “hilitos” sin importancia que foron a caer directamente na liña de flotación da súa popularidade en Galicia. Logo chega o atentado do 11-M e todo o seu entorno comeza a enredarse nunha campaña insostible para culpabilizar a ETA duns feitos que nada tiveron que ver con ela provocando o efecto contrario no electorado logrando que o PP pasara de ser favorito nas enquisas de días antes á colocación das bombas nos trens de Madrid a perder a súa hexemonía electoral ante o PSOE.
Tras oito anos de goberno Zapatero, recupera a confianza do electorado e consigue unha maioría absoluta incontestable. Xurde o caso Bárcenas, Valencia, a Gurtel,… o nacemento do Movemento do 15-M e dos indignados, o descrédito da política, o caso Rato, Bankia, os papeis de Panamá, os escándalos das portas xiratorias entre as multinacionais e as responsabilidades políticas…
E agora, cando nunha situación de bloqueo político e coa opinión pública mirando de esguello a Pedro Sánchez pola falta dun goberno en España, non se lle ocurre outra idea que situar no Banco Mundial ao ex ministro José Manuel Soria en pleno proceso de investidura, coas eleccións autonómicas galegas á porta…
Como dixo Feijóo, cando tomas unha decisión e tes a tódala opinión pública en contra, unha de dúas ou te explicaches moi mal ou estás completamente errado…
Eu engadiría máis: Si non é…, parece, ou non?

O síndrome Rajoy

Te puede interesar