Tic-tac, tic-tac... a hora do desemprego

A escasos días da celebración das eleccións xerais, que terán lugar este domingo, desvélase a misteriosa cifra dos datos do desemprego en España que víñanse gardando co maior sixilo para que nada trascendera momentos antes de que tivera lugar o debate a cinco entre os principais candidatos á presidencia do Goberno de España.

Os resultados arroxan uns datos novamente preocupantes e que falan de que en España se rexistraron 97.948 desempregados máis, a peor cifra da serie histórica desde o pasado ano 2012, un aumento dun 3,2%, o que ven a refrendar a aqueles que levamos tempo advertindo de que estamos nunha auténtica conta atrás do que é un frenazo da economía que nos pon ao borde dunha recesión económica similar á que sucedeu no ano 2008 e da que aínda non nos temos recuperado.

Si analizamos a situación en Galicia vemos que os resultados aínda son peores que a media nacional con 7.323 novos desempregados na nosa comunidade e cun futuro incerto con empresas ameazadas pola repercusión que a nivel mundial van a ter varias cuestións como son a guerra comercial entre Estados Unidos e China, a política protecionista de Donald Trump e os seus aranceis (sin esquecer as posibles sancións derivadas da suposta “colaboración” de España co goberno venezolano de Nicolás Maduro) e as consecuencias do Brexit que, pese a sufrir un novo retraso, é unha auténtica espada de Damocles pendurada sobre moitos sectores estratéxicos da economía galega como, por exemplo, a pesca.

Estando así as cousas, é normal que moitos dos teleespectadores que tiveron a ocasión de seguir as evolucións do debate televisado dos cinco candidatos siga sen decantarse por ningún deles ao non ver con claridade cales son as opcións e as propostas de futuro para afrontar con garantías unha nova crise que se cierne sobre nós.

Parecía máis un debate para reafirmar posicións e convencer ao electorado de quen tivo menos culpa na situación de bloqueo real na que se atopa a política española que en aportar solucións ou medidas paliativas para o novo sunami económico que se nos aveciña.

As veces dame a impresión de que Madrid, e os seus políticos, quedan máis lonxe de Galicia e dos cidadáns do que realmente están porque seguimos sen ver a dirixentes do país verdadeiramente implicados en atender polo miúdo os problemas que nos afectan directamente convertendo os procesos electorais nun mero trámite para ver como se ocupan os sillóns do hemiciclo coa única novidade de que en lugar facerse entre dous protagonistas principais agora incorpóranse novos actores no reparto, ou non?

Tic-tac, tic-tac... a hora do desemprego

Te puede interesar