Unha visita presidencial...

Apresidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, honrando o convite do director de DIARIO DE AROUSA, José Pereira, achegouse no día de onte á redacción central deste xornal de referencia no mundo da comunicación en Galicia desde a súa perspectiva e posicionamento como defensor dos intereses xerais dos veciños e veciñas da comarca de Arousa.
A presenza de Carmela Silva, a primeira muller que lidera esta institución, ven a continuar a saga iniciada polo presidente Abeledo e continuada por Louzán no achegamento a un dos elementos dinamizadores da sociedade arousá a través do fiel reflexo nas súas páxinas das reivindicacións, anceios e realidades que teñen como protagonistas aos homes e mulleres das bisbarras do Salnés, O Barbanza e Ulla-Umia.
A política de proximidade coa realidade social de cada territorio é unha das obrigas dos representantes da administración pública, especialmente da Deputación, por ser este un organismo integrador e que busca o benestar dos veciños e veciñas desde unha perspectiva correctora das desigualdades territoriais, norte e sur, urbano e rural, etc.
Creo que é de salientar a deferencia da presidenta da Deputación de visitar a Redacción Central deste rotativo que cumpre xa a súa maioría de idade con presenza ininterrumpida desde principios deste século e que veu a dar resposta a un dinamismo e a unha necesidade que viñan reclamando as e os arousáns desde había tempo e que se materializou grazas ao empeño persoal e empresarial de Juan Ramón Díaz, ao esforzo abnegado a súa plantilla de traballadores e ao Grupo La Capital, empresa editora.
Moitos somos os que defendemos desde hai anos a importancia de Arousa e do seu peso específico polo que é lóxico que desde as institucións se faga todo o posible por coñecer todos e cada un dos aspectos que rodean a súa realidade e que mellor xeito de facelo que ir ao meollo, á canle de comunicación diaria entre os veciños e veciñas destas comarcas coa realidade que lles toca vivir facendo dun xornalismo de proximidade, un xeito de entender o mundo e de achegar desde o local, o particular, ao xeral, ao global, toda unha singularidade como representan as vilas, pobos e cidades que conforman a Ría de Arousa, ou non?

Unha visita presidencial...

Te puede interesar