A vida faise eterna sin luz...

Unha das cancións máis coñecidas do cantautor Víctor Jara, asasinado pola dictadura chilena de Pinochet, titulada “Te recuerdo Amanda”, fala dos cinco minutos que resultaron eternos para unha moza que acudía presurosa a encontrarse co seu namorado, cuxo desenlace resulta triste e tráxico porque non se produciu pola intervención da represión pinochettista.
Pois esa canción de espera e de infortunio non é nada comparado co suplicio que tiveron que pasar os veciños do lugar de Mozorín, na parroquia vilanovesa de Baión, que estiveron máis de 60 horas sin fluído eléctrico por mor dunha avaría que se prolongou durante casi tres días sin que Fenosa lle dera unha saída satisfactoria.
No rural, a xente está acostumada aos vaivéns da luz cando hai tormenta e a que os apagóns que resultan ocasionais nas grandes vilas e por espazos moi cortos, alí se sucedan de xeito habitual e que se conten por horas os periodos de penumbra,… pero tanto?
Hai unha certa falta de empatía e de consideración por parte das compañías eléctricas que non teñen nestas aldeas do rural unha das súas prioridades. Alí non hai grandes fábricas, nin concentracións humanas que podan resultar un problema no caso de que decidiran protestar ou presionar ante a autoridade política de turno. Aí so viven vellos e vellas, persoas soas que están na súa derradeira etapa da vida e que non teñen á protesta como unha das súas prioridades.
Son xente en situación de soidade que só teñen  unha radio, a televisión ou unha simple bombilla para lle facer compañía e notarse menos sos no mundo. Esas persoas non son grandes consumidores, non son clientes vips, non xeran grandes demanda de enerxía e, moi ao contrario, son beneficiarios de bonificacións pola súa situación como pensionistas ou acreedores do chamado bono social ou enerxético. En fin, non son ninguén para as grandes compañías eléctricas e como tales son tratados.
Quen indemniza a estas persoas polas perdas nos seus conxeladores, nos seus electrodomésticos,…? Pero, o que é máis grave, quen os resarce da situación de desamparo, do medo vivido e da impotencia? Aí tamén hai un déficit importante que as compañías eléctricas deberían pagar polo menos en disculpas, ou non?

A vida faise eterna sin luz...

Te puede interesar