Xaque aos Mossos...

Aínda que pareza que non, todo o que está a suceder en Cataluña encaixa perfectamente cunha meticulosa e sesuda partida de xadrez entre a burocracia da Generalitat e o aparato administrativo do Estado. A xogada do momento sitúa no ollo do furacán aos Mossos d’Esquadra que acaban de recibir a orde directa da Fiscalía de intervir calquera urna, papeleta ou elemento que poida intervir no proceso de convocatoria e execución do referendo prohibido e que está previsto para o dentro de menos de 20 días.
Frente a esto, desde a Generalitat xa están preparando a coartada precisa por si algún axente se toma con laxitude esta orde asegurando que a obriga da Policía Autonómica é velar pola seguridade dos cidadáns e nada máis…
De tódolos xeitos, parece altamente improbable que a estas alturas do belén ninguén saiba onde se están a fabrica-las urnas, as papeletas e os elementos precisos para levar a cabo un despliegue electoral de semellantes características e que precisa dunha loxística e un tempo de execución que, a tenor dos acontecementos, vai voando moi rapidamente.
De momento nin o CNI nin os servizos de información deron unha pista clara sobre o seu paradoiro. Hai quen fala de que poden estar en Andorra, como os cartos do Pujol, ou en Francia a bo recaudo do sempre “amigo e aliado de España” en situacións de especial dificultade como esta…
O certo é que ninguén está disposto a poñer nada da súa parte para que este problema político se encauce dentro dun proceso de diálogo e de búsqueda dunha solución e vai cada vez máis cara un camiño sin retorno marcado polo enfrontamento e unha sordera severa entre os interlocutores que deberían ser os encargados de atopar unha solución satisfactoria para os intereses xerais de todo o mundo.
Ao final agardemos que este choque de trens non acabe por prender unha mecha explosiva que acabe por producir un enfrontamento irreconciliable que nos asome a un profundo abismo do que non poidamos saír. Os políticos teñen a obriga de prescindir dos seus prexuizos persoais e baixar a area da negociación e o encontro porque para eso nos damos, de xeito continuo, unha serie de normas de convivencia común que deberemos manter para que a tolerancia e o respecto poidan imperar ante a sinrazón dos uns e a cabezonería dos outros e non se impoña a razón da forza en lugar do revés, ou non?

Xaque aos Mossos...

Te puede interesar