Viernes 16.11.2018

Xoán Domato “Chicho o da Ruta”

Un sinal inequívoco de que te estás a facer vello é cando ves como na lista de baixas vanse anotando 

Un sinal inequívoco de que te estás a facer vello é cando ves como na lista de baixas vanse anotando aquelas persoas que compartiron, durante unha época, parte da túa vida e da que levas moitos anos sin saber nada delas ata que algún amigo común che dá a mala nova.
Unha destas persoas é Xoán Domato, máis coñecido como “Chicho o da Ruta”, un hostaleiro polifacético de Caldas de Reis que fixo incursións “autodidactas”, como lle gustaba dicir a el, no difícil e incomprendido mundo de arte e da historiografía. Creo que todo o mundo en Caldas coñecía a Chicho polo que non vou desvelar nada que ninguén non saiba.
Chicho foi un auténtico embaixador de Caldas de Reis. Cando coñecía a alguén tiña un tick de presentación: “Fixeches algunha vez o Camiño de Santiago? Pasaches por Caldas? Logo tes que saber quen son eu. Eu son Chicho o da Ruta”. Non fallaba, a presentación era sempre a mesma.
Como todo o mundo na vida, Chicho tivo defensores e detractores. Ninguén poderá dicir que foi un santo, pero tampouco mala persoa, si acaso xenio e figura… Os que o coñecimos poderiamos contar milleiros de anécdotas coas que tiñas que rir, moitas veces por non chorar. Foi un auténtico bohemio, un espírito libre que quizais tiña menos apego ás responsabilidades, sobre todo familiares, que o común dos seus veciños, pero sempre foi un emprendedor e un optimista da vida.
Cando naceu O Salnés Siradella, un xornal quincenal precursor do que no futuro se converteu na aventura e nacemento de Diario de Arousa, Chicho xa estaba propondo ideas, buscando personaxes que entrevistar e incordiando nos peches do xornal con ocurrencias de última hora, alleo totalmente ás limitacións horarias e ás premuras da edición xornalística. Sempre acababa cun “o que pasa é que vós non tenden nin p… idea”. E seguramente tería razón…
E, pese ao que se pudera pensan, nunca o vin cabreado. Sempre estaba sorrindo e disposto a vacilarte co que fora sin que te deras conta ata que levaba pasado xa un bo rato. Era retranqueiro ata máis non poder. En fin, espero que non se lle ocurra meterse con San Pedro porque sería moi triste que tivera que acabar no inferno. Sentiríao moito non por el, senon polo diaño, ou non?

Xoán Domato “Chicho o da Ruta”
Comentarios