O Ano Castelao

Por primeira vez a Real Academia de Belas Artes ten instituido o Día das Artes Galegas que, este ano está dedicado a Castelao, sen dúbida unha figura indiscutible para o galeguismo militante do século XX e un artista singular que soubo poñerlle imaxe as Cousas da vida, recollendo nelas a idiosincrasia e o particular humor das nosas xentes, mais tamén denunciando o asoballamento que sufrían, como fixo no Album Nós. 
Castelao é un referente ético y estético, tanto no humor gráfico como na pintura, mais tamén nos relatos como “Os dous de sempre” ou no teatro “Os vellos non deben de namorarse” e, sobre todo, cando, como en Sempre en Galiza”, reflexiona encol dos problemas que nos atinxen como pobo. Non podemos afirmar que sexa o máis grande pintor que deu Galicia (a cegueira non lle deixou desenvolver todo o seu talento plástico), pero sí podemos decir que foi o que a pintou con más corazón, con máis sentimento de raizame, con máis achegamento ao noso sentir animista. 
A súa paisaxe está viva, recollida en pinceladas que soan coma os piñeiros de Pondal ou  as campanas de Rosalía. A arte pola arte nunca lle interesou, senon que foi un medio para ser “ un intérprete fiel do meu pobo, das súas dores e das súas esperanzas.  Dibuxéi sempre en galego; escribín sempre en galego; e si sacades o que hai de galego e de humano na miña obra non quedaría nada dela”- afirmación que recolle Díaz Pardo no monográfico adicado a él en “Vanguardia histórica” de Nova Galicia edicións. 
Pintou a saudade de noso en cadros como “A ría”, onde unha senlleira cabra contempla as acougadas augas;  “Cemiterio mariñeiro”, todo sosego e soedade; ou “Penedos”, con grises inmensidades que avanzan ondas prateadas cara ás quietas rochas.  De xeito conmovedor  representou a fonda relación do galego coa natureza  no cadro “O neno das piñas”, onde un menudo rapaciño agatuña por un torto piñeiro. Deixou constancia tamén do misterio de noso, da piedade  ancestral en “Cruceiro da carballeira” ou en “Cruceiro”, onde árbores e pedra dialogan encantados. Amou as árbores por riba de todo, deixando fermosas mostras en “Cachopo”, “Castiñeiro do val” ou “O carballo do Quinteiro”. 
A presencia do feérico e  dos espíritus elementais da natureza  aparece no cadro “Fauno”, onde un émulo de Pan toca a flauta sentado nun poderoso e vello carballo. E tivo unha finura especial para ollar e analizar a obra de arte allea, do que deixa constancia , no monumental Diario de 1921 onde fai xuicios atinadísimos de nada menos que mil artistas, deixando testemuña - como di Filgueira Valverde- de “fé, galeguidade, beleza, esprito”.
 

O Ano Castelao

Te puede interesar