• Miércoles, 26 de Septiembre de 2018

Antolóxica de Nacho Salorio, no pazo municipal

Sete anos despois do seu pasamento, o pazo municipal ofrece unha mostra de Ignacio Salorio del Moral (A Coruña 1948-Carril 2011) que, ademáis de exercer de avogado labolista e loitar incansablementer polos dereitos dos traballadores

Sete anos despois do seu pasamento, o pazo municipal ofrece unha mostra de Ignacio Salorio del Moral (A Coruña 1948-Carril 2011) que, ademáis de exercer de avogado labolista e loitar incansablementer polos dereitos dos traballadores, tivo a paixón da pintura e fixo unha obra absolutamente libre, sen suxeción a cánones académicos, ainda que sí podemos sentir que lle fai  certos chiscos a algunha das vangardas clásicas, a Miró, a Torres García. a arte étnica, mesmo ao comic e ao debuxo infantil. 
De todo iso, e por medio dunha vibrante cor, extrae figuras emblemáticas, iconos planos que mestura en retábulos e composicións abertas tipo puzzle, polas que navegan ondas, peixes, barquiñas, buguinas...; érguense homínidos, casiñas,  columnas, serpes, cohetes...; alumbran faros, soles, estrelas...; medran xeometrías... 
É como si quixera apreixar a realidade, o mundo enteiro, en cadros-collage que veñen sendo símbolos do inabarcable. Esta arela por representar, as veces cos ollos asombrados dun neno, un universo multiforme e variopinto foi maravillosamente expresado polo insigne pintor Alfonso Abelenda quen, no ano 2002, definía así o seu quefacer: “Vibraciones, inversiones, subversiones, revoluciones, luces, tinieblas, verbenas, albricias, aleluyas y pan de Madagascar del colectivo. Aire, agua, fuego, tierra, numen, jazz y pintura”. 
Esta enumeración abelendina da fe dese afán que mostra a súa obra por recoller as innúmeras  incitacións que o motivaron; pero sobre todo ese achegamento vivo e cordial ás cousas, sen máis reglas nen ataduras que un debuxo vivo e espontáneo. A mostra abrangue obra que vai dende o ano 1981 ata o 2009 e ofrece, polo tanto, un amplo muestrario que se espalla dende os artiluxios mecánicos de “Tuberías”(1981)  ata os case místicos e serenos espazos mariños de”Halon” (2009), nos que todo é quietude e fronteira, quizais dun presentido máis alá. 
Polo medio pinta habitáculos como os de “A partida” (1993); pasan mares como os de “Mediterráneo” (1997) , “Atlántico” e “Marina” (2003); aparecen polícromas e desrealizadas criaturas, como as de “Catro rapaces na feira” ( 2003) e “Cómicos” (2007); e tamén fai proclamas contra a guerra, como en “WAR N0” (2007). Xa en 2009 parece sentir a necesidade de reflectir as paisaxes que o impactaron, como a xa citada “Halon”, ou aquelas que amou e que configuraron o seu fértil imaxinario; o espazo desnúdase, a acubulación de  obxectos e de iconos simbólicos desaparece, para dar paso a un ámbito real, pero idealizado, como é o caso de “Compostela”, onde un recuncho reconocible da cidade, coas súas casas típicas, é rodeado por un longa  strada ou cinta  de tres bandas de azul, que se dixera un camiño cara o descoñecido, quizais cara á Compostela celeste que só duos anos despois o recibiría a él. 
Esmerado cociñeiro, ademáis de pintor, pasou pola existencia –como suñila Juan I. Macua de Aguirre– deixando unha pegada de xenerosidade,  de amistade e de amor pola vida.