O legado de Doroteo Arnáiz

Xusto dous anos despois da súa mostra “Memorias de grafito e tinta”, celebrada no Pazo Municipal en abril de 2017, Doroteo Arnaiz (Madrid 1936) facía xenerosa doazón á cidade da Coruña, representada polo seu Concello, da colección 128+100+16, que recolle a súa traxectoria como grabador dende os inicios parisinos nos anos sesenta. 
Son 128 gravados de diversas temáticas, máis outros cen cos que ilustrou o libro de Neruda “Cien sonetos de amor”, amén do políptico “Pollicipes” composto por 16 relevos, cuxo protagonista é o noso percebe elevado á categoría de tótem galaico. 
O percorrido iníciase cos augafortes “Leñadores”,” Parella”, “Home e neno”, nos que a figura humana, pese a aparecer esquematizada, emana un fondo patetismo antropolóxico; así reflexa a atadura da paternidade que te encaixa nun estreito e dooroso vínculo, ou a pétrea fusión de dous na que se abre a branca fenda do sexo; tamén mostra a peregrinaxe da vida neses leñadores que semellan homes-árbore encadeados a un destino marcado por errantes estrelas. 
De ahí pasa a un certo tachismo que, por aqueles anos que él vivía en París, tiña moita notoriedade e que é un xeito de expresionismo emocional, mui acorde a esa laocontiana loita coa realidade que Arnáiz vivíu dende neno, que se resume no augaforte “Curuxa” (chamada tamén en galego noitébrega) dende o que nos ollan as axitadas  e escuras forzas da noite. 
A mediados dos 60, os metros de París, cos seus evocadores nomes: Montparnase, Concorde, St. Lazare, etc servíronlle para falar da eterna e gregaria viaxe das multitudes que se apiñoan fundidas nunha masa anónima, ata ficar convertidas en móviles sombras, como en Sèvres Babylone, Luxembourg ou Nation. Xa dono da mestría da punta seca gravará os inquedantes espazos das súas mesas nas que se axitan indefinifeis formas. 
A serie de “Os desastres da paz”, (fins do 60) debuxa seres solitarios que camiñan sen rumbo, a planificación da fame, o negocio da guerra, o boom da sexualidade e do LSD, a loita racial, as profecías do Fahrenheit e toda aquela axitación mundial que culminou no 68. Logo viñeron as siluetas de homes sentados e de mulleres en espera ou abeiradas de espazos secretos. 
Entra na década do 70 coa serie “Permutables”, na que, un tanto en versión pop art, fai paráfases de obras de Vermeer, Rembrandt Durero, Fra Angélico e Goya, aos que enfronta cos seus esquemáticos iconos humanos. A delicada estética do Xapón e a natureza, coas súas fantásticas formas: volvoretas, tigres, orquídeas, nécoras, percebes... aparece nas obras do 80 e 90, que culmina con Daitoku-ji (noite) e Daitoku-ji( día). 
Os gravados que ilustran os “Cen sonetos de amor” son un prodixio de lirismo gráfico, no que a idea poética dos inmortais versos de Neruda, é sintetizada en metáforas visuais: a planta na que se abre o túnel do descoñecido. a espesura dos bosques, a enredadeira dos cabelos, a árbore partida en dous pola risa, os cruzados camiños... Neruda e D. Arnaiz: un inmortal legado para Coruña.

 

O legado de Doroteo Arnáiz

Te puede interesar